Pese ao rebrote e á corentena, os estudantes da Mariña teranse que xuntar en Viveiro para o selectivo
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explicou que as probas de selectividade mantéñense na Mariña (Lugo) pese ao peche que afectará no próximos cinco días aos 14 concellos do seu distrito sanitario, debido a que se cumprirán as medidas de seguridade necesarias.
A Xunta acaba de prohibir as reunións de máis de dez persoas alleas conviventes. A pesar diso, Sanidade di que "non haberá problema" para realizar a ABAAU o martes.
Cola de estudantes ás portas dunha Biblioteca de Santiago durante a desescalada
Na rolda de prensa na que deu a coñecer as restricións, Almuiña explicou que os exames se fan en Viveiro e que existe un protocolo previo elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) que foi valorado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e que se vai a "reforzar".
"Non haberá problema e vaise a realizar", manifestou sobre a proba, que a crise sanitaria obrigou este ano a atrasar e que se celebrará entre o 7 e o 9 de xullo no caso da Comunidade galega.
En Viveiro, engadiu, "a instalación é boa, hai distancia de seguridade e todas as medidas que se pediron". En calquera caso, o conselleiro indicou que pediu á alcaldesa de Viveiro que se impidan celebracións "multitudinarias" ao acabar os exames porque "aí está o risco". "Hai que procurar que as celebracións sexan en grupos reducidos", indicou.
Escribe o teu comentario