Caballero, pai dun neno con diversidade funcional, promete garantir igualdade entre todos os menores (vídeo)

O socialista estivo arroupado hoxe por Zapatero en Santiago de Compostela. Caballero prometeu que garantirá a protección e a educación que merecen todos os nenos, sexa cal for o nivel económico dos seus pais.


|

O socialista  emocionouse ao presentar as medidas do PSdeG para a igualdade de oportunidades


O candidato estivo arroupado hoxe por Zapatero en Santiago de Compostela. Caballero prometeu que garantirá a protección e a educación que merecen todos os nenos, sexa cal for o nivel económico dos seus pais.


  O expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero (máscara branca), e o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero (máscara vermella), observan varias estatuas durante a súa visita por Santiago de Compostela com


O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse a traballar para dar a todos os galegos "unha vida digna" nunha sociedade "máis igualitaria", na que "ningún neno quede sen dereitos".

ARROUPADO POR ZP
Gonzalo Caballero subliñou o seu compromiso coa igualdade este venres en Santiago de Compostela, onde recibiu o apoio para presidir a Xunta do expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, quen tamén enarborou a defensa pola igualdade de oportunidades feita polos socialistas.

Nun discurso no que puxo en valor a loita do Partido Socialista pola "igualdade de todas as persoas" e lembrou o avance que supuxo a aprobación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo baixo o mandato de Zapatero, o aspirante socialista á Xunta rexeitou calquera tipo de discriminación por razóns de xénero, orientación sexual ou discapacidade.

"GOBERNAR GALICIA PARA GOBERNAR POLA IGUALDADE"
"Tamén cando falamos de igualdade queremos mandar unha mensaxe aos máis de 100.000 galegos que teñen diversidade funcional, galegos e galegas que, con independencia dos problemas que teñen, deben de ter todos os dereitos", manifestou Gonzalo Caballero visiblemente emocionado ao lembrade ao seu fillo.

É por iso que mostrou o seu desexo de presidir Galicia para "darlle a todos os galegos o dereito a unha vida digna", consciente de que as familias que teñen "posibilidades económicas" poden facer que os seus nenos teñan "unha educación próspera". Con todo, advertiu de que "hai moitos en Galicia que non poden" e que "cando teñen nenos e nenas con dificultades, cando non teñen ingresos, quedan na cuneta".


Quero gobernar Galicia para gobernar pola igualdade, para que ningún neno quede sen dereitos en Galicia, para que os nenos que teñen Sindrome de Down, Asperxer ou outras dificultades poidan ter a defensa que necesitan  


"Quero gobernar Galicia para gobernar pola igualdade, para que ningún neno quede sen dereitos en Galicia, para que os nenos que teñen Sindrome de Down, Asperxer ou outras dificultades poidan ter a defensa que necesitan nun goberno socialista", sinalou Gonzalo Caballero, que asegurou que por iso "fai política".

O candidato socialista á Xunta asegurou que a súa voz crebada non se debe a unha "falta de forzas" senón á "sensibilidade" de ter que dedicarse a unha campaña con intensidade para "traballar por unha Galicia mellor".

"Que é traballar tamén por eses nenos e nenas, por eses pais e nais que me din tantas veces que non teñen recursos para darlle esa boa formación, para darlle igualdade", apuntou para asegurar que aqueles que carecen de recursos non contan co apoio suficiente da Xunta.

Gonzalo Caballero contou este venres co apoio de José Luis Rodríguez Zapatero para impulsar a súa candidatura á Presidencia da Xunta de Galicia nas próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo, cita para a que chamou á mobilización.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE