O rebrote de coronavirus en Lugo segue disparado con 13 casos máis este venres
Na provincia de Lugo hai xa 77 casos activos de coronavirus. Son 13 máis que onte e supoñen un novo acelerón do rebrote orixinado na Mariña. Afortunadamente, non hai por agora ninguén ingresado na UCI. O número de hospitalizados seguen sendo o mesmo que onte, tres. Un deles no HULA de Lugo e os outros dous no Hospital do SERGAS en Burela. Os 77 casos activos hoxe é a maior cifra desde o 17 de maio. É dicir, Lugo ten agora máis casos que hai un mes e medio, un aumento que, ademais, vistos os repuntes de onte e hoxe, está lonxe de estar controlado.
Na provincia de Lugo hai xa 77 casos activos de coronavirus. Son 13 máis que onte e supoñen un novo acelerón do rebrote orixinado na Mariña.
Afortunadamente, non hai por agora ninguén ingresado na UCI. O número de hospitalizados seguen sendo o mesmo que onte, tres. Un deles no HULA de Lugo e os outros dous no Hospital do SERGAS en Burela. A evolución é "favorable" segundo a Xunta.
Dos 77 casos da provincia, o SERGAS informa que 59 son do "brote da Mariña".
Dos 13 novos casos novos na provincia hoxe, o SERGAS indica que doce proceden do repunte na costa lucense.
Rebrote que se foi ampliando xeograficamente. Primeiro o SERGAS focalizouno nunha reunión familiar en Xove e onte o presidente da Xunta aludiu a que moitos contagios proceden de tres bares do Porto de Burela. Hai, ademais, polo menos unha contaxiada en Lugo capital -unha moza amiga dunha moza da Mariña- e unha persoa que deu positivo en Asturias, aínda que vive e traballa na costa lucense.
Segundo El Progreso, esta última contaxiada traballa nun supermercado de Ribadeo, o que provocou a lóxica preocupación na vila. A prensa local tamén asegura que son tres os enfermos localizados na capital, unha muller e dous nenos.
O presidente da Xunta denunciou onte que o SERGAS está a ter problemas para realizar o seu traballo. "Ou Covid-19 é unha enfermidade de declaración obrigatoria, igual que unha tuberculose. Ninguén pode ocultar ou virus ou que foi persoa de contacto con outra que se ou ten", lembrou Alberto Nuñez Feijóo tras referirse a algún caso que negou ter contacto cun contaxiado.
Sexa como for, o número de contaxiados na provincia é xa moi preocupante. Os 77 casos activos hoxe é a maior cifra desde o 17 de maio.
É dicir, Lugo ten agora máis casos que hai un mes e medio, un aumento que, ademais, vistos os repuntes de onte e hoxe, está lonxe de estar controlado.
Na súa nota de prensa, a Xunta móstrase convencida que ten medios suficientes para atallar o rebrote.
Escribe o teu comentario