O coronavirus volve crecer a nivel Galicia por vez primeira desde o pico da pandemia

A media móbil a sete días da porcentaxe de variación de casos diarios de coronavirus en Galicia é de 0,3%. Falando en prata, o coronavirus volve crecer en Galicia e isto non se debe aos malos datos de onte e hoxe. Non é un problema puntual. E é que a media móbil a sete días mide a evolución na última semana, tomando valores deses sete días. En cinco deses sete, o coronavirus creceu. Por exemplo, hoxe un 0,3% e onte un 1,3%.


|

A media móbil a sete días da porcentaxe de variación de casos diarios de coronavirus en Galicia é de 0,3%. Falando claro, o coronavirus volve crecer en Galicia e isto non se debe aos malos datos de onte e hoxe. Non é un problema puntual.


E é que a media móbil a sete días mide a evolución na última semana, tomando valores deses sete días. En cinco de eses sete, o coronavirus creceu. Por exemplo, hoxe un 0,3% e onte un 1,3%.




Que por primeira vez desde maio este indicador teña un valor positivo non se pode explicar só por o acelerón do rebrote da Mariña (Lugo) estes días. Aínda que obviamente é o factor máis importante, pero non é o único.


Por exemplo, outro factor relevante é que, como se aprecia na gráfica local que a diario actualiza Galiciapress coas cifras oficiais do SERGAS, as áreas sanitarias que baixan os seus casos levan xa tempo, unhas tres semanas, baixándoos lentísimamente. Por tanto, o de hoxe é fito de un cambio de tendencia que xa se vía vir hai tempo.





O número de casos activos de coronavirus en Galicia aumentou nun ata os 318 este venres, ao haber 13 novos na área de Lugo --onde se rexistra un brote na Mariña-- e 12 altas máis, mentres que as persoas curadas incrementáronse ata as 10.665, o que supón outras 16 máis.


Dos 318 casos positivos, 122 corresponden á área de Vigo --sen cambios con respecto a este xoves--; 63 á da Coruña e Cee --dez menos--; 24 á de Santiago e Barbanza --igual--; 17 á de Ourense --uno menos--; 77 á de Lugo --13 máis--; 10 á de Ferrol --sen cambios-- e cinco á de Pontevedra --uno menos--.


A área sanitaria con menos casos é Pontevedra, onde só quedan cinco enfermos. Boas cifras tamén as da Coruña hoxe, con dez casos menos. No resto de áreas, salvo a citada lucense, non hai a penas cambios este venres. 


CASO IMPORTANDO DESDE COLOMBIA

A mellor noticia das cifras de hoxe é que Santiago segue cos mesmos datos que onte, cando se detectou o positivo dunha persoa que chegou á cidade en autobús desde Zamora, onde habí chegado antes de Barallas en tren. Esta persoa viaxou desde Colombia o sábado pasado e colleu un taxi ao chegar á capital galega. 

Polo demais, a Consellería de Sanidade sinala que do total de pacientes positivos, catro atópanse en unidades de hospitalización --os mesmos que este xoves-- e 314 en seguimento domiciliario --un máis con respecto á xornada pasada--, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos COVID.

CASE UN MES SEN FALECEMENTOS
Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.665 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 191.945 fronte ás 188.328 contabilizadas ata este xoves. É dicir, o SERGAS di estar a facer máis de 3.600 PCRs cada día, o que en teoría puidese ser suficiente para conter brotes de tamaño medio como o da Mariña, sempre que estes non se propagaron nalgún evento masivo.


En total, Galicia supera os 9.200 casos acumulada desde o inicio da pandemia. O acelerón da última semana apréciase tamén na gráfica que mide eses casos acumulados:





X5qx6 casos activos en galicia media m vil a 7 d as da evoluci n diaria en porcentaxe



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE