A Catedral de Santiago reabre as súas portas aos visitantes tras máis de 100 días clausurada

A Catedral, simbolo de Santiago de Compostela, acolle cada ano a miles de visitantes e, ás portas do Ano Santo, a súa reapertura antóllase clave para a recuperación económica de Galicia.


|

A Catedral, simbolo de Santiago de Compostela, acolle cada ano a miles de visitantes e, ás portas do Ano Santo, a súa reapertura antóllase clave para a recuperación económica de Galicia.


O Pórtico da Gloria, pola súa banda, tamén comezará a recibir visitantes de novo, pero cun horario reducido: tres horas ao día de martes a domingo, entre as 10:30 e as 14:30 horas. Mentres, o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino terá un horario máis amplo: de 10:30 a 18:30 horas. 


Catedral de Santiago de Compostela.


A Catedral de Santiago reabre ao público este mércores 1 de xullo, tres meses e medio despois do seu clausura como medida de prevención ante o avance da pandemia.

A basílica compostelá foi pechada ao público na mañá do 13 de marzo, véspera da declaración do estado de alarma en España. Días antes, a Catedral xa decretara outras medidas de prevención, como a prohibición de realizar o tradicional abrazo á figura do Apóstolo.

Agora, o templo santiagués reabre as súas portas ao público con horario de 09,00 a 19,00 horas para visitas que estarán restrinxidas no camarín, xa que esta zona permecerá pechada polas obras de restauración que se desenvolven en distintos puntos da basílica.

Tamén volven as misas do peregrino á Catedral, aínda que só en horario vespertino (19,30 horas) e no altar provisional situado no portada oeste. A misa da mañá terá lugar na capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrina, situado na Rúa Carretas.

O acceso á basílica para asisitir á misa de tarde realizarase pola entrada da Praza de Praterías desde as 19,00 horas e o aforo estará limitado a 75 persoas, que permanecerán separadas en asentos asignados á entrada no templo. Ademais, os asistentes non poderán deambular pola Catedral mentres dure a cerimonia.


VISITAS Ao PÓRTICO

Así mesmo, tamén se retoman a visitas ao Pórtico da Gloria, que poderán realizarse entre as 10,30 e as 14,30 horas de martes a domingo, segundo informou este martes a Catedral compostelá.

O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino manterán un horario de apertura de 10,30 a 18,30 horas. Alí, na súa capela, ademais de acoller a misa do peregrino da mañá, tamén ten lugar a homilía en inglés, programada diariamente ás 09,30 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE