UXT e Comisións saen á rúa para demandar unha recuperación que blinde os servizos públicos e mellore a súa calidade

Decenas de persoas concentráronse este domingo en diferentes cidades galegas, convocadas polos sindicatos UXT e CC.OO., para pedir ás forzas políticas, sociais e económicas un pacto pola reconstrución no contexto da pandemia de coronavirus que exclúa a "confrontación" e o "odio".

|

Recortes, traballos máis precarios e privatizacións. Esta é a receita aplicada para tentar saír, sen moito éxito, da anterior crise. Os dous grandes sindicatos estatakes reclaman en concentracións en varias cidades unha nova forma de combater a recesión.


Decenas de persoas concentráronse este domingo en diferentes cidades galegas, convocadas polos sindicatos UXT e CC.OO., para pedir ás forzas políticas, sociais e económicas un pacto pola reconstrución no contexto da pandemia de coronavirus que exclúa a "confrontación" e o "odio".


Concentración de CC.OO. E UXT para pedir un pacto pola reconstrución

UNHA CRISE MAIOR QUE A DO LADRILLO

A crise sanitaria e económica actual é a "máis intensa" que se coñeceu "en tempos de paz" e "non se pode acometer desde a dialéctica da guerra", sosteñen os dous sindicatos no manifesto redactado con motivo destas mobilizacións, que en Galicia producíronse en Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Lugo e Ourense.


"Demandamos uns servizos públicos de calidade, con empregos estables e con financiamento adecuado", reclamaron e manifestaron a súa confianza en que a sociedade sairá adiante se se reforzan os servizos públicos, que son "garantía para exercer os dereitos da cidadanía en igualdade".

A pandemia da COVID-19 tivo consecuencias "dramáticas" en todo o mundo e as medidas de paralización da actividade económica provocaron unha caída do PIB, un aumento do desemprego e a miles de traballadores afectados por expedientes de regulación temporal do emprego (ERTE).

Ante este escenario, CC.OO. e UXT chaman a potenciar a industria para a recuperación económica e a dicir "nunca máis" á "mercantilización dos coidados" e aos "recortes en saúde".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE