San Xoan celebrarase con moita calor, hoxe xa hai alerta amarela no interior de Ourense
Meteogalicia prevé máis de 35 graos en moitas zonas do interior de Galicia para o martes. Na costa, as temperaturas máximas roldarán case os 30 graos. De feito, hoxe e mañá xa hai alerta amarela en varias zonas do val do Río Miño.

Unha pasada celebración de San Xoán
Parte da provincia de Ourense terá este martes, 23 de xuño, aviso amarelo por calor nunha xornada na que se esperan temperaturas superiores aos 36 graos centígrados.
Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, as temperaturas manteranse aínda moi elevadas neste martes, cando se prevé superar os 36ºC en puntos illados do interior.
En concreto, o aviso amarelo estará activado entre as 15,00 e as 21,00 horas deste martes na zona do Miño en Ourense e na área de Valdeorras.
Escribe o teu comentario