Ter PCRs a tempo é clave para conter o coronavirus en residencias, indica unha avaliación da Fundación San Rosendo
Unha das conclusións que saca San Rosendo da súa avaliación é a importancia de realizar PCRs a tempo.
A Fundación San Rosendo é o operador galego privado, pero sen ánimo de lucro, de residencias máis importante do país. Acaba de elaborar un detallado informe, ao que tivo acceso Galiciapress, sobre o impacto do coronavirus nos seus 69 centros de maiores e dependentes.
O 77 por cento dos centros da Fundación San Rosendo logrou esquivar o COVID-19, segundo un gráfico da súa autoavaliación
Os CENTROS URBANOS PARECEN ESTAR MÁIS EN RISCO
Quizais a primeira conclusión é que o COVID-19 tivo unha incidencia moi desigual. Dúas residencias, A nosa Señora da Esperanza e Divino Mestre, sufriron o 85% do total dos 278 contagios.
As dúas están en contorna urbana, a capital de Ourense, o que indica que, en termos xerais, son as residencias urbanas as máis expostas, posiblemente porque tamén tenden a ser máis grandes e a recibir por tanto máis visitas.
Nosa Señora da Esperanza, en A Farixa, foi a máis golpeada do país, cuns 140 residentes contaxiados entre unhas 176 prazas. Como foi posible tal grao de incidencia?
Unha das conclusións que saca San Rosendo da súa avaliación é a importancia de realizar PCRs a tempo. "A disponabilidad de probas diagnósticas (PCR ...) e a consecuión de materiais para confeccionar EPIS son un elemento crave para poder actuar con eficacia", sinala o informe.
Por exemplo, o SERGAS detectou o primeiro positivo na nosa Señora da Esperanza en torno ao sábado día 21 de marzo. Saltou a alarma, pero a sanidade pública foi incapaz de facer test masivos. En torno ao 22 de marzo apareceu outra ducia de casos. Non foi ata quince días depués, en torno ao 4 de abril, que houbo test masivos para todos os anciáns. Enonces foi cando se detectou que o brote se había disparado por encima da centena. Un atraso na detención de casos que, ao ser un virus capaz de contaxiarse desde persoas asintomáticas, é evidente que minguou a eficacia da división de residentes en grupos e outras medidas adoptadas.
VIVIR NUNHA RESIDENCIA NON IMPLICA NON TER DEREITO Ao SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE
Afortunadamente, máis do 94% dos 3.424 residentes e 1.768 traballadores do grupo non se contaxiaron. Entre os que si o sufriron, morreron 32 persoas, o que implica unha taxa do mortalidade do 1,05%, mellor que a media galega, do 1,37% .
Entre os falecidos houbo 24 anciáns que morreron na propia residencia, sen ser trasladados a un hospital.
"Os centros de persoas maiores e de discapacidade non son centros sanitarios, son recursos para atender as necesidades que as familias non poden proporcionar nos seus fogares", indican as conclusións antes de lembrar que "os nosos usuarios seguen mantendo o seu dereito á asistencia sanitaria, dereito que debe ser garantido polo sistema público de saúde".
Escribe o teu comentario