Baltar dá axudas por orde de rexistro e 683 preséntanse antes de prazo tras ser avisados por "cargos do PP", segundo o PSOE

O PSOE denuncia que "cargos do PP" avisaron a certos autónomos e empresas para que se presentasen os primeiros na repartición das subvencións directas polo coronavirus. O PP de Ourense responde que a presentación de axudas un día antes de prazo foi debido a un "erro involuntario" da Secretaría da Deputación. O secretario, Francisco Cacharro, fillo do que fose presidente da Deputación de Lugo polo PP, asegura que "non houbo información privilexiada" tanto só unha "información erronea" ao difundir por erro a convocatoria un día antes do inicio do prazo.


|

O PSOE denuncia que "cargos do PP" avisaron por centos autónomos e empresas afíns para que se presentasen os primeiros na repartición das subvencións directas polo coronavirus. O PP de Ourense responde que a presentación de axudas un día antes de prazo foi debido a un "erro involuntario" da Secretaría da Deputación. 

O secretario, Francisco Cacharro, fillo do que fose presidente da Deputación de Lugo polo PP, asegura que "non houbo información privilexiada" tanto só unha "información erronea" ao difundir por erro a convocatoria un día antes do inicio do prazo na web da Deputación.  Faio nun informe oficial da Secretaría pública, publicado na web do PP de Ourense.


Post de Facebook da alcaldesa de Ou00edmbra Ana Maria Villarino (PP) o du00eda 11 anunciando a convocatoria de axudas a repartir por orde de rexistro a partir do du00eda 13


Post de Facebook da alcaldesa de Oímbra Ana Maria Villarino (PP) o día 11 anunciando a convocatoria de axudas a repartir por orde de rexistro a partir do día 13


O grupo provincial do PSdeG-PSOE denunciou "irregularidades" por parte da Deputación de Ourense na concesión de axudas a autónomos e pequenas e medianas empresas para facer fronte á crise da Covid-19 por ser "rexistradas fóra do prazo legal".

PRESENTACIÓN ANTES DE PRAZO
Concretamente, o portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, sinalou este martes en rolda de prensa que esta circunstancia afecta a "683 solicitudes de persoas físicas e xurídicas que procederon ao rexistro da documentación o 12 de maio, un día antes de que comezase realmente o prazo" e asegurou que algunhas destas "xa foron abonadas".


Os socialistas atribuíron esta situación á "difusión de información privilexiada por parte de cargos do PP" coa intención de "dar axudas aos seus amigos". Neste sentido, o deputado Ignacio Gómez acusou ao PP de crear "unha trama de subvencións para premiar aos seus".

SUBVENCIÓNS DIRECTAS POR ORDE DE CHEGADA
O importe das subvencións directas ascende a 600 euros para os autónomos e ata 1.000 euros para pemes, outorgadas por concorrencia competitiva segundo a orde de rexistro das solicitudes e ata esgotar o crédito habilitado de 3.8 millóns para tal fin.

Deste xeito, os socialistas criticaron que, "nos días previos á obrigada publicidade a través do BOP, numerosos cargos públicos do PP difundiron documentación reservada a través dos seus perfís persoais e institucionais de Facebook ou de chats de Whatsapp, así como información errónea sobre o prazo e procedemento para solicitar as axudas. A propia web da institución continúa este martes informando de maneira errónea sobre o comezo do prazo".


Polo menos no Facebook da alcaldesa de Oímbra, do PP, permanece un post que, efectivamente, anuncia a convocatoria o día 11, cando oficialmente podíanse presentar solicitudes o día 13, e as axudas repartíanse por orde de solicitude:





Rodríguez Villarino atribuíu este "modo de actuar dalgúns deputados do PP" á "procura dun lucro electoral" e á "política caciquil que caracteriza o goberno de Baltar".

COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN
Por este motivo, o PSdeG-PSOE reclamou, mediante moción, a constitución dunha comisión de investigación co fin de "aclarar responsabilidades políticas". Na mesma, piden a "execución inmediata dos mecanismos e trámites administrativos necesarios para liquidar os problemas ocasionados aos afectados polas irregularidades no procedemento de publicidade e concesión das subvencións".

O portavoz provincial do PSOE acusou á Deputación de Ourense de "unha irresponsable xestión das axudas que supón un importante risco para os afectados pola pandemia". Ademais, advertiu que "un recurso dun solicitante pode provocar consecuencias xurídicas relevantes, así como a obrigación de reintegro dos fondos percibidos".

"O rexistro anterior ou posterior ao prazo establecido nos procedementos iniciados a solicitude do interesado, implica a inadmisión das solicitudes por ser formuladas extemporáneamente", lembraron.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE