​Os vendedores da ONCE retomarán a súa actividade o 15 de xuño en toda Galicia

Os puntos de venda da ONCE reabrirán en Galicia unha semana despois da entrada da comunidade na fase 3. 


|

Os puntos de venda da ONCE reabrirán en Galicia unha semana despois da entrada da comunidade na fase 3.


Desde a ONCE argumentan que a tardanza na reapertura débese á necesidade de garantir a seguridade tanto dos clientes como de todos os seus vendedores, que volverán ás rúas a semana que vén.


Josefa Tajes.Santiago.Horiz



Só en Galicia, a ONCE conta con 700 vendedores e vendedoras que o vindeiro luns volverán levar “a ilusión e retomar o contacto cos seus clientes e coas moitas persoas que, de forma solidaria, compran os produtos de lotería da ONCE”.


Para adecuarse ás novas condicións da desescalada, a ONCE dispuxo tanto do material necesario como de información para a súa reapertura. Con estas medidas, os quioscos e postos habituais de venda volverán estar operativos.


A provincia de A Coruña é a que conta con máis vendedores da ONCE, cun total de 360. 230 atópanse na provincia de Pontevedra mentres que Lugo e Ourense contan con 60 e 50 respectivamente. Agora, unha vez superada a parte máis crúa da pandemia, os vendedores afirman estar ansiosos por recuperar o contacto cos seus clientes e “repartir ilusión e sorte como facía todos os días antes da pandemia”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE