​O Derby serve o seu último café despois de ter a Valle-Inclán na barra

Escenario desde 1929 de faladoiros de intelectuais galeguistas como Rafael Dieste ou Ramón María del Valle-Inclán, o local anuncia o peche das súas portas, que tras a crise do coronavirus, non foi quen de saír da fochanca.


|

Escenario desde 1929 de faladoiros de intelectuais galeguistas como Rafael Dieste ou Ramón María del Valle-Inclán, o local anuncia o peche das súas portas empuxado en gran medida por a crise do coronavirus, un peso que tamén arrastrou a outros locais da capital galega.


O histórico café faladoiro sofre, como tantos outros negocios do sector, as consecuencias dunha crise que puxo contra as cordas á hostalería galega, cuxas previsións para este ano auguraban un gran exercicio na antesala do Ano Santo.


20150820 derby 02

Vitoria Domínguez, a muller que leva á fronte do local desde os anos 80


Cando naceu o Café Derby, o mundo aínda se estaba recuperando das consecuencias do crack do 29. E coma se dos efectos da Gran Depresión tratásese, o café compostelán vese incapaz de facerse centenario e cae vítima do coronavirus, cuxo impacto económico é só equiparable ao dun conflito bélico ou unha gran recesión económica.


Este histórico enclave xunto á Praza de Galicia, punto de encontro das ilustres plumas de Rafael Dieste, Ramón María del Valle-Inclán ou Carlos Casares entre outros, non volverá abrir as súas portas nin na fase 3 nin na nova normalidade. Con todo, os motivos de colgar o cartel de pechado non están motivados unicamente pola crise da Covid-19, senón que Vitoria Domínguez, de 85 anos e que rexenta o negocio, considera que é o momento de baixar a persiana.


A morte ao café chegoulle dun día para outro, sen sufrir achaques e sen decatarse de que estaba a servir o seu último cortado. O inicio do estado de alarma a mediados de marzo obrigou ao establecemento para abrir unha paréntese que terminou por converterse nun punto e final.


E AGORA QUE SERÁ DO LOCAL?

Doutra banda, a propiedade do inmoble non se correspondía cos actuais xestores do café, e viña recibindo unha renda antiga. Con a situación actual do mercado, e considerando a localización da cafetería, un novo arrendamento ou a súa venda podería xerar pingües beneficios aos seus donos.


Sobre o histórico emprazamento compostelán parecen poñer os seus ollos encima grandes cadeas. Algunhas especulacións dan nomes como Hard Rock Café, que leva anos perseguindo abrir un establecemento na capital galega, ou Starbucks, que non vería con malos ollos abrir un local nun lugar tan emblemático e que atravesan a diario peregrinos chegados de todas partes do globo. Con todo, o feito de que algúns elementos do local estean protexidos por Patrimonio podería dificultar a súa venda, xa que as modificacións no establecemento serían moi complicadas.


ADIOS Ao KRYSTAL E CANDILEJAS

Con todo, en Santiago non lamentan só o peche do Derby. Outros que previsiblemente tampouco atenderán a máis clientes na nova normalidade como viñan facendo ata o de agora serán o Krystal e o Candilejas. Algunhas informacións apuntan a que o propietario do popular local que fai unha das moitas esquinas da Praza Roxa tamén valora a xubilación, o que levará ao peche do Krystal. Mentres, o destino do Candilejas parece unha pronta reapertura, aínda que todo apunta a que en novas mans.


Ás portas do Ano Xacobeo é moi posible que eses establecementos non pasen moito tempo pechados e algún empresario termine por botarlles a luva. O que quedarán sempre serán as historias alén da barra, as risas nas terrazas ou as charlas de café que, como as obras de Valle-Inclán ou Dieste, xa son eternas e parte da historia compostelá. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE