As áreas galegas, salvo a de Santiago, baixan hoxe en casos de coronavirus e todas parecen listas para Fase 2

Ademais, a área compostela é dá as que máis baixou no últimos sete días, 252 casos activos menos.Importante baixada tamén rexistrada na Coruña no últimos sete días.


|

Galicia segue co seu bo ritmo de baixada de casos activos. Ademais, hoxe non hai ningunha área sanitaria que sufra algún leve repunte, como lle pasou a Ferrol e A Coruña esta semana. Iso si, Santiago queda igual que onte, pero a súa tendencia xeral tamén é boa.





No seu conxunto, Galicia ten 70 casos activos menos hoxe que onte. É un descenso similar ao das xornadas previas. Os casos activos quedan en 920, un milleiro menos que hai unha semana.


O total autonómico se desagrega así por áreas sanitarias: 225 son de A Coruña, 60 de Lugo, 141 de Ourense, 40 de Pontevedra, 265 de Vigo, 161  de Santiago e 28 de Ferrol.  


A área sanitaria de Ferrol é a primeira que baixa dos 30 contagios. Depués do inusual e mínimo repunte de onte, hoxe volve baixar, de 31 a 28 casos activos. Ferrol ten todas as papeletas para converterse en a primeira área libre de casos activos de COVID-19 en Galicia.


Depués debería librarse do virus Pontevedra e Lugo. As dúas levan todo o mes de maio con caídas diarias practicamente ininterrompidas. Especialmente boas son as cifras de hoxe en Pontevedra, con 10 casos menos, quedándose con 10 casos activos.


A nota un pouco discordante a pne hoxe Santiago. É a única área que non baixa, pero afortunadamente tampouco sobe. Ademais, a área compostelá é dá as que máis baixou no últimos sete días, 252 casos activos menos.


Importante baixada tamén rexistrada en A Coruña no últimos sete días. Son 269 infectados menos para quedar con só 225 casos. 


Isto fai que Vigo siga sendo a área sanitaria de Galicia con máis pacientes ou illados nas súas casas, con 265 casos activos. En todo caso, a área olívica tamén logrou baixar notablemente os seus positivos esta semana.


A área máis afectada en proporción á súa poboación segue sendo Ourense. Tamén é a provincia con máis porcentaxe de positivos no macroestudio de anticorpos que fixo a Xunta. A boa noticia para os ourensáns é que levan todo o mes de caída continúa de casos activos. É a única área que evitou repuntes recentemente. Hoxe ten 149 casos activos, 19 menos que onte.


Así as cousas, todas as áreas galegas parecen en condicións de pasar á Fase 2, polo menos atendendo ao criterio puramente epidemiolóxico, que non é o único. O veredicto saberémolo esta tarde, cando compareza o Ministro de Sanidade.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (2)









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE