Galicia ten boas notas para pasar a Fase 2 do desconfinamiento, indican as gráficas da evolución do coronavirus

Galicia chega á avaliación da Fase 2 cos deberes feitos, polo menos desde o punto de vista de evolución do COVID-19.


|

Galicia chega á avaliación da Fase 2 cos deberes feitos, polo menos desde o punto de vista de evolución do COVID-19. As medias de novos positivos e de hospitalizacións son notablemente mellores que hai 15 días, a pesar de repuntes leves e puntuais como o de hoxe en Ferrol.


En total, en Galicia deron positivo 10.986 persoas, 10 máis que onte.




POSITIVOS

Todos os novos casos son produto de probas PCR. Fai varias xornadas que o Ministerio xa non informa de positivos por probas de anticorpos.


O indicador "novos positivos PCR" leva unha semana sen pasar de 10 casos novos ao día, algo que non pasara nunca. Unha boa noticia pois esta serie é a primeira que nos alertará do temido repunte.


Rebrote do que non hai indicios, a pesar que os 10 positivos de onte igualan o récord semanal. Se, como debemos facer coas estatísticas, ampliamos o foco e miramos a media móbil semanal, vemos que os novos contagios detectados seguen cunha tendencia claramente a a baixa. 


Descenso, iso si, influenciado pola ausencia de positivos por anticorpos, cuxas cifras a Xunta si está a mandar a Moncloa diariamente pero que o Ministerio deixou de publicar. Estes positivos, en todo caso, serían sobre todo de enfermos xa recuperados.






HOSPITALIZADOS


A media móbil a 7 días de ingresos en hospital tamén indica unha mellora esta semana, aínda que moi lixeira. Onte houbo 4 hospitalizacións, que está xusto na media destes días. A pasada semana este indicador andaba sobre as 6 hospitalizacións ao día.


Ata o de agora, son 2.943 as persoas hospitalizadas con COVID-19 en Galicia.


 




ZvQCq positivos diarios de coronavirus en galicia (7)









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE