(VÍDEO) Bateeiros e mariscadores manteñen a guerra aberta pola fazula e o percebe e a Xunta busca solucións
O enfrontamento entre os dous sectores recruouse nos últimos días, con episodios de denuncias, ameazas e declaracións cruzadas. Nalgúns puntos vivíronse momento de tensión onde os implicados a punto estiveron de chegar ás mans, como testemuñan os vídeos de 'Arco Iris'
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo unha nova reunión con representantes das federacións de confrarías de pescadores e dos bateeiros "co obxectivo de estudar a adecuación e definición das zonas de percebe e fazula", informa o departamento autonómico.
Un encontro no que a Administración galega e representantes de ambos os colectivos estiveron "a analizar gran parte da costa e mirando diferentes zonas" que os representantes das federacións de confrarías e das asociacións de bateeiros expoñerán aos seus socios "coa finalidade de tratar de definir definitivamente a próxima semana as zonas nas que se poderá extraer fazula ou non".
Esta reunión, na que tamén estiveron as directoras xerais de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Liño Sexto, "dá continuidade á mantida a semana pasada entre a Consellería do Mar e ambos os sectores".
Dese encontro, "saíu a proposta para o momento actual e como solución transitoria de preservar as zonas en discrepancia pola extracción común de fazula e percebe".
XESTIÓN RESPONSABLE
"Coa vista posta no futuro", a Conselleríado Mar e ambos os colectivos acordaron tamén nesa reunión "analizar as diferentes zonas de traballo dos percebeiros e as de maior abundancia de fazula para avanzar na xestión responsable de ambas as especies de xeito conxunto".
Tras o encontro deste xoves, Rosa Quintana pediu aos sectores bateeiro e percebeiro "que teñan a plena confianza de que os seus representantes están a tentar buscar uns puntos de acuerdoen o que saian gañando os dous sectores, no que salga gañando, en definitiva, Galicia".
Nesta liña, encomiou o traballo que están a facer os presidentes das federacións de confrarías e os das asociacións de bateeiros "por tentar buscar eses puntos de acordo e poder seguirhaciendo unha explotación sostible de fazula e de percebe".
Ademais a conselleira pediu calma e subliñou "que a inmensa maioría do sector está a traballar por ter unha explotación sostible dos seus recursos". Neste sentido, tamén solicitou "a esas persoas que están dalgunha maneira dificultando a posibilidade de chegar a acordo que recapaciten e que decidan unirse ao acordo e traballar como sempre traballou Galicia, pois os dous sectores son un único sector".
Escribe o teu comentario