Feijóo convoca eleccións para o 12 de xullo porque "o virus apenas circulou por Galicia"

Toda a oposición parlamentaria está en contra desa data, aínda que En Marea aceptaba unha semana máis tarde. Feijóo enarbora os informes que pediu a expertos do SERGAS, un dos cales advirte dun posible rebrote en breve.


|

Toda a oposición parlamentaria está en contra desa data, aínda que En Marea aceptaba unha semana máis tarde. Feijóo enarbora os informes que pediu a expertos do SERGAS, un dos cales advirte dun posible rebrote en breve.


Na súa comparecencia este mediodía, Feijóo repasou as últimas cifras do coronavirus en Galicia. O presidente lembrou que o dato de 607 falecidos, un máis que onte, é o principal. Hai 17 galegos en unidades de coidado intensivos.


Tirando dos dous estudos serológicos, argumentou que só o 2% dos galegos estivo en contacto co coronavirus, aínda que recoñeceu que isto ten consecuencias negativas e positivas. "O virus a penas circulou por Galicia", concluíu.


Feijóo indicou que a media semanal de contagios é de 9 casos diarios agora, cando chegou a ser de 460 casos diarios.


Feiju00f3ou anunciando as eleccións este luns en San Caetano





O líder lembrou que o Estado de Alarma permítelle convocar eleccións e que ningún partido con representación en Galicia votou en contra, aínda que o propio PP abstívose no Congreso.


CHEGADA DE TURISTAS DE MADRID E CASTELA

"Os expertos sanitarios están de acordo que é menos inseguro convocar as eleccións antes de recibir os turistas no verán", argumentou o líder do PP. Feijóo destacou que "boa parte" veñen de Madrid e Castela e León, zonas con máis coronavirus.


Uno dos catro informes médicos pedidos pola Xunta advirte que podería haber un rebrote pequeno en breve, debido ao relajamiento da corentena.  


3210173


A pesar disto, o mandatario insistiu en que "todos" os expertos sanitarios recomendan convocar canto antes. Os outros informes, efectivamente, ven menos risco agora que en setembro. Os documentos pódense descargar aquí.


NINGUÉN DA OPOSICIÓN QUERE O 12 DE JULIO

Feijóo recoñeceu que PSOE, Podemos e BNG mostráronse en contra de celebrar as eleccións o próximo mes. Ao aprazar o anterior calendario, Feijóo prometeu acordar a nova data.


O mandatario dixo que tiña elixir entre a opinión dos seus rivais e a dos "expertos sanitarios".  Feijóo aposta por seguir o consello maioritario dos inforems.


"Feijóo impón un calendario electoral que os galegos non compartimos, está a escribir as súas últimas palabras á fronte do Goberno da Xunta", valorou o líder de o PSdeG Gonzalo Caballero mesmo antes do anuncio.


Desde Galicia en Común (Podemos, ANOVA, Esquerda Ubnida e algunhas mareas) anuncian "medidas legais" contra a convocatoria, que ven irresponsable e froito da ambición de Feijóo. 


O BNG tampouco apoia esta "temeridade" e acusou ao 'popular' de facer seguidismo de Urkullu. É a quinta vez que Feijóo convoca á vez que o PNV en Euskadi.


Feijóo dixo que a data de xuño tivera o apoio de En Marea. O que non é certo de todo. Os de Luís Villares apostaban polo 19 de xullo, para poder votar así fose do estado de alarma.


Vox, que non ten presenza parlamentaria en Galicia, tampouco está de acordo. Os de Santiago Abascal advirten que Feijóo quedará deslegitimado se hai moita abstención por medo ao coronavirus. 


O presidente do PPdeG recoñeceu que o virus seguirá presente nos próximos meses e seguirá ata que haxa unha vacina, que pode non chegar nunca. Feijóo insistiu que, vistos os inforems, non podía aprazar máis os comicios, cando a lexislatura acaba en outubro. 


O político conservador acusou ao PSOE de contradicirse, por apoiar as eleccións en xuño en o País Vasco, pero non en Galicia. En Euskadi, o PP vasco non está de acordo con convocar comicios agora.


FERNANDO SIMÓN PIDE MITIGAR RISCOS

O principal experto sanitario de España sobre o coronavirus opinou o sábado sobre unha convocatoria electoral en xuño. A preguntas de Galiciapress, Fernando Simón dixo que era unha decisión política, pero insistiu en que, de convocarse, eran necesarias medidas de prevención.


Preguntado sobre que medidas concretas de prevención baralla para a cita coas urnas, como excluír ás persoas de risco das mesas, Feijóo non concretou. Emprazou ás decisións que tomen o seu vicepresidente e a Xunta Electoral.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE