Sánchez levará ante o Congreso unha nova prórroga do estado de alarma, que durará un mes e con Illa como "mando único"
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a próxima semana pedirá ao Congreso dos Deputados unha nova prórroga do estado de alarma, pero nesta ocasión será por un período dun mes.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a próxima semana pedirá ao Congreso dos Deputados unha nova prórroga do estado de alarma, pero nesta ocasión será por un período dun mes. "Esperemos que sexa o último estado de alarma", afirmou Sánchez na súa comparecencia en Moncloa.
"O camiño que estamos a seguir é o único posible", indicou Sánchez, á vez que garantiu que "todos os dereitos e liberdades seguen intactos".
O presidente do Goberno explicou que o ministro de Sanidade, Salvador Illa, será o mando único neste novo período dun mes, baixo o sistema de coordinación coas autonomías que se denominou cogobernanza.
"Neste estado de alarma producirase unha desescalada institucional. A única autoridade delegada do Goberno será o ministro de Sanidade e decaerán as facultades especiais que se concederon aos outros ministerios", indicou.
O presidente lembrou que os feitos demostraron que non se podía confiar na inmunidade comunitaria e defende a necesidade de limitar a mobilidade e os contactos sociais. "A esa lóxica responde a desescalada".
Escribe o teu comentario