Podo ir a outra residencia miña na fase 1 se está na mesma provincia? Esta e outras dúbidas sobre que e que non se pode facer o luns
A resposta á primeira cuestión é si, aínda que nun primeiro momento o Goberno de España decidira que esta clase de desprazamentos non se contemplarían nesta primeira fase da desescalada e que sería na fase 2 cando se podería viaxar á segunda residencia. A rectificación chega pouco despois da comparecencia de Sánchez, que xerou polémica pola confusión que as súas palabras xeraron a este respecto.

Os máis beneficiados por esta situación serán os estudantes universitarios que, a raíz do estado de alarma, tiveron que deixar os seus apuntamentos ou material de estudo nas súas residencias de estudantes ou universitarias. Agora poderán recuperalos para afrontar o fin de curso.
O que tamén está permitido nesta fase 1 na que entra Galicia a partir do luns é celebrar reunións cun máximo de 10 persoas, a apertura dos mercados ao aire libre cun límite de postos autorizados, apertura de establecementos e locais comerciantes polo miúdo segundo unha serie de criterios, apertura de bibliotecas e museos…
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario