As razóns de Feijóo para cambiar de postura sobre o estado de alarma

Iso si, ao mesmo tempo que o PSOE atopaba outros socios (Cidadáns e PNV) que garanten que a prórroga sairá adianta esta mañá.O líder galego explica o seu cambio de postura porque recibiu unha chamada da vicepresenta do Goberno Carme Calvo e ambos coincidiron en que "o primeiro é a saúde" e que o Goberno debe seguir tomando medidas nese sentido. Iso si, Feijóo insiste que todas as medidas do confinamento poden prorrogarse sen estado de alarma.


|

O presidente galego pasou de esixir o fin do estado de alarma a considerar "entendible" o argumento do Goberno para prorrogalo


"Suspéndase o estado de alarma", reclamou o presidente da Xunta este domingo.  "Todas as medidas poden adoptarse sen prorrogar sine die o estado de alarma polo que o Goberno debe ter plan B (ou C de Constitución). Outra cousa é que o Goberno necesite tempo para organizarse e iso é máis entendible que as razóns expostas publicamente ata o de agora", publicou o martes pola tarde nas súas redes sociais.


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, pousan nun almorzo informativo. En Madrid, ao 25 de febreiro de 2020.

Feijóo con Casado en febreiro



Alberto Nuñez Feijóo consuma así un rápido cambio de postura nun aspecto vital para o futuro do país. De paso, ponse en contra da postura oficial do seu partido a nivel estatal. Pablo Casado aínda non confirmou -co pleno xa en marcha no Congreso- que o PP non votará en contra de prorrógaa.


Feijóo non é o único que rectificou a ultima hora no PP. Díaz Ayuso (Madrid) e Montero (Andalucía) tamén se posicionaron a favor da prolongación. Iso si, ao mesmo tempo que o PSOE atopaba outros socios (Cidadáns e PNV) que garanten que a prórroga sairá adianta esta mañá.


O líder galego explica o seu cambio de postura porque recibiu unha chamada da vicepresenta do Goberno Carme Calvo e ambos coincidiron en que "o primeiro é a saúde" e que o Goberno debe seguir tomando medidas nese sentido. 


Iso si, Feijóo insiste que todas as medidas do confinamento poden prorrogarse sen estado de alarma. Postura que apoian algúns xuristas e da que discrepan outros, ademais, está claro, do Gobienro central.





Hai que ter en conta tamén que Feijóo non pode convocar eleccións mentres estivese de alarma. Unha mala posición para el. O PPdeG queda en mans do Goberno de España á hora de elixir data para os comicios. 


Se o estado de alarma prolóngase no verán, os conservadores non poderían  os comicios para este estío, como é a súa intención. Deixar as eleccións para o inicio do outono, cando é probable que empezo a cocerse a segunda onda do coronavirus, engadiría unha dificultade máis á reeleción de Feijóo, especialmente tras pronunciarse -como Torra e Urkullu- contra a prórroga de estado de alarma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE