A Xunta busca aprobar proxectos contaminantes aproveitando o coronavirus, alertan ecoloxistas

As asociacións, entre as que figuran Greenpeace, Verdegaia, Ecologístas en Acción ou a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, denuncian que o Goberno de Galicia tenta dar luz verde a preto dun milleiro de “proxectos industriais especialmente controvertido” durante este Estado de Alarma. 


|

As asociacións, entre as que figuran Greenpeace, Verdegaia, Ecologístas en Acción ou a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, denuncian que o Goberno de Galicia tenta dar luz verde a preto dun milleiro de “proxectos industriais especialmente controvertidos” durante este Estado de Alarma.


As plataformas critican este movemento da Xunta, que chega nun momento no que os movementos sociais non poden saír á rúa para denunciar os perigos ambientais e os riscos para as persoas que supoñen moitos destes proxectos que agora a administración autonómica ten encima da súa mesa.


Feijóo preside o Consello de la Xunta

Os ecologístas denuncian o suposto favor de Feijóo ás empresas privadas


“O Consello de la Xunta do xoves 30 de abril do 20201 aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de Alarma. Froito diso, e cando aínda existe unha seria crise sanitaria e a poboación segue confinada e sen poder desenvolver as súas actividades de forma normalizada, a Xunta de Galicia ditou unha Orde, publicada no DOG2 deste 4 de maio, para que comecen a correr os prazos de exposición pública destes proxectos industrias de gran impacto”, sinalan as plataformas asinantes.


As organizacións advirten que entre os proxectos que se someterán á súa posible aprobación, procedentes de todos os recunchos de Galicia, hai algúns que son “especialmente sensibles e controvertidos”. Vertedoiros, plantas de xestión de residuos, liñas de alta tensión ou parques eólicos son só algúns dos moitos expedientes que na Xunta están a reactivar.


Doutra banda, os denunciantes recalcan o “gran rexeitamento social” que granjean estes plans, que en moitos casos teñen “características pouco respectuosas” co medioambiente e son prexudiciais para o territorio e o equilibrio social e económico das zonas afectadas. “Detrás destes proxectos están medianas e grandes empresas (moitas veces foráneas) que pretenden facer un gran negocio cos recursos da nosa terra e que actúan unicamente en beneficio propio sen ter en conta as persoas e as contornas afectadas”, lamentan as asociacións.


SEN MANIFFESTACIONES, SEN CAMPAÑAS, SEN PROTESTAS…

Todo isto ocorre nun momento onde o dereito á manifestación está supeditado ao Estado de Alarma. A corentena ten atados de pés e a mans a todos estes colectivos, que non poden levar ás rúas as súas reivindicacións nin contrastar as informacións e documentos que din apoiar aos proxectos destas características, limitando as súas denuncias exclusivamente ás campañas de redes sociais.


Ademais, neste Estado de Alarma tamén hai que poñer o foco no que marca o real decreto ao redor dos prazos de tramitación. “O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 20203, polo que foi declarado o Estado de Alarma, estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos”.


Desde os organismos asinantes denuncian que o Goberno de PPdeG está “a lle dar curso e facilidades a todos eses proxectos de gran impacto e contaminantes”. “Con esta orde, Alberto Núñez Feijóo trata descaradamente de deixarnos aos galegos e galegas en situación de indefensión e dificulta, aínda máis, a participación da cidadanía nos procedementos administrativos, para beneficio e lucro destas empresas privadas”, lamentan, á vez que advirten que a Xunta dá as costas ás persoas directamente afectadas por estes proxectos en favor das grandes empresas.


“PARALIZACIÓN DA ORDE”

Por estes motivos as plataformas esixen “a paralización da Orde ditada pola Xunta” e alegan que os plans do Goberno de Galicia son “dunha gravidade extrema” e que os proxectos que pretenden reactivar “non cumpren os requisitos de interese xeral indispensables que se esixen en pleno Estado de Alarma”


“Baixo estes elementos, non é admisible que se reactiven as tramitacións, pois non terían todas as garantías previstas na lexislación. Por iso reclamamos que, atendendo ao Estado de alarma, paralícese de inmediato o efecto da Orde ditada pola Xunta, ata que non recobremos a total normalidade social”, conclúen. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE