Bad Religion apraza o seu concerto en Santiago de Compostela ao 14 de maio de 2021

O concerto que a banda Bad Religion tiña previsto celebrar o próximo 30 de maio no Multiúsos Fontes do Sar celebrarase o 14 de maio de 2021.

|

O concerto que a banda Bad Religion tiña previsto celebrar o próximo 30 de maio no Multiúsos Fontes do Sar celebrarase o 14 de maio de 2021.


Bad religion


Diso informou o Concello de Santiago nun comunicado, no que informa de que todas as entradas adquiridas serán validadas para as datas fixadas para os próximo anos.

Con todo, aquelas persoas que queiran o reembolso poden escribir un correo electrónico a info@entradasatualcance.com ou dirixirse ao momento de venda físico no que a comprasen.

Precisamente, o xoves Bad Religion comunicaba a cancelación de todos os concertos da súa xira de 40 aniversario previstos para 2020 por culpa da pandemia mundial do coronavirus, o cal inclúe ás súas actuacións de maio en Barcelona, Madrid, Bilbao, Málaga, Valencia e Santiago de Compostela.

"Estamos agradecidos e atafegados polo apoio inquebrantable de todos os nosos fans, cada sala e festival que nos convidaba a tocar, e especialmente aqueles que investiran os seus recursos para vernos actuar en directo ao redor do mundo este ano", apuntaba a banda en comunicado recolleito por Europa Press.

E engadía: "Como todo o mundo sabe, o perigo actual do Covid-19 fixo inseguras as reunións de grandes grupos de persoas. Por iso, para manter a saúde dos nosos fans, equipo e nós mesmos, Bad Religion non dará ningún concerto en 2020".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE