Estas son as normas básicas para saír a facer deporte e pasear a partir do sábado

O Goberno permitirá saír a facer deporte de forma individual e pasear con outra persoa coa que se conviva unha vez ao día a partir do 2 de maio e nunhas franxas horarias determinadas: entre as 6:00 e 10:00 da mañá e entre as 20:00 e 23:00 da noite, anunciou este xoves o ministro de Sanidade, Salvador Illa, asinante da orde que regulará estas prácticas.

|

Poderase saír a correr e a pasear por parellas, sempre que sexan persoas que convivan xuntos, en certos horarios


O Goberno permitirá saír a facer deporte de forma individual e pasear con outra persoa coa que se conviva unha vez ao día a partir do 2 de maio e nunhas franxas horarias determinadas: entre as 6:00 e 10:00 da mañá e entre as 20:00 e 23:00 da noite, anunciou este xoves o ministro de Sanidade, Salvador Illa, asinante da orde que regulará estas prácticas.


Corredor



O deporte ao aire libre deberá realizarse no mesmo municipio de residencia, mentres que no caso dos paseos non poderá un afastarse a máis dun quilómetro de distancia do seu domicilio. 


Na mesma orde, restrínxese o horario dos paseos xa permitidos para os menores de 14 anos entre as 12.00 do mediodía e as 19.00 horas, co obxectivo de que as persoas autorizadas a saír das súas casas unha vez ao día non se concentren nas mesmas horas.


As diferentes franxas horarias son as seguintes:


- De 06.00 a 10.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas: Facer Deporte e paseos para maiores de 14 anos.

- De 10.00 a 12.00 horas e de 19.00 a 20.00 horas: Paseos para maiores de 70 anos e dependentes.

- De 12.00 a 19.00 horas: Paseos para menores de 14 anos.


(((HABERÁ AMPLIACION)))

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE