A Xunta aínda non interveu a residencia San Carlos de Celanova, que suma xa 11 falecidos por coronavirus
Os familiares dos residentes do centro e a Federación Galega de Usuarios e Familias de Residencias (REDE) volven demandar a intervención do Goberno autonómico e fan un chamamento a todos os actores implicados pola “situación na que se atopan os nosos maiores confinados na residencia”.
Os familiares dos residentes do centro e a Federación Galega de Usuarios e Familias de Residencias (REDE) volven demandar a intervención do Goberno autonómico e fan un chamamento a todos os actores implicados pola “situación na que se atopan os nosos maiores confinados na residencia”.
Con dous novos falecidos nas últimas 24 horas, o número de decesos na residencia ourensá é de once desde que se notificou o brote, que afectou a usuarios e traballadores do xeriátrico.
Residencia San Carlos de Celanova
“Imaxinádevos que isto pasa nun hospital: un grupo de pacientes de Covid-19 permanece aisalado nunha planta atendidos por auxiliares e gerocultoras baixo a supervisión dun enfermeiro a media xornada e sen médico ao cargo”, critican desde REDE, que cuestiona se esa situación seria admisible nun centro hospitalario, polo que reclaman a intervención do centro pola Xunta. Unha reclamación que, doutra banda, xa fixeron ata en catro ocasiones previas.
Por todo isto, a plataforma elaborou unha listaxe cos “10 erros do SERGAS e Política Social” na residencia de Celanova. Os familiares e membros da Federación cargan contra o Goberno de Galicia por non intervir o centro “desde o primeiro momento”, descargar responsabilidades de actuacións sanitarias sobre a UME e non trasladar aos residentes infectados.
Na mesma liña, denuncia que a administración fixo oídos xordos ás demandas dos empregados do centro, que o día 23 contaba con 18 baixas no persoal por coronavirus, a ausencia dun “sistema de información eficiente” no centro de Baños de Molgas, un dos centros que reúne aos usuarios de residencias con Covid-19 e
Escribe o teu comentario