A Xunta promete que residencias e hospitais serán destino prioritario do novos test de dobre banda

A Comunidade realizou case 54.000 probas para detectar o coronavirus desde o inicio da crise sanitaria

|


A Xunta asegura que xa realizou máis de 53.000 probas. PCS Agora acaba de recibir outras  30.000 probas dobre banda, que poderán distinguir enter os enfermos activos e os que xa superaron a doenza. Ten ademais outro 60.000 test rápidos que lle mandou Madrid, pero que o SERGAS entende só pode usar para un estudo da epidemia.


Galicia priorizará o uso do 30.000 test de dobre banda que recibiu para os sanitarios que estean en zonas COVID-19 de hospitais, enfermos en urxencias e persoal e usuarios de residencias, entre outros colectivos


Feijoo nas instalacións de Vigo onde o SERGAS fai os test PCR do coronavirus

Diso informou a Xunta nun comunicado no que explica que a decisión a ha adoptado nas últimas horas o comité clínico que asesora ao Executivo autonómico no marco da crise sanitaria do coronavirus.

Estes test de dobre banda adquiridos pola Xunta, segundo explicou na pasada xornada o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, permiten detectar positivos e diferenciar entre cales son positivos activos e cales inmunizados.

Así, empezaranse a realizar nos servizos de urxencias para enfermos que presenten infección respiratoria aguda; para o control de persoal de zonas COVID-19 en hospitais, tanto nas diferentes plantas destinadas en exclusiva para o coronavirus, como nas UCI e outros espazos; ao persoal e usuarios das residencias; e tamén para confirmar as PCR negativas nos enfermos con sintomatoloxía.

CASE 54.000 PROBAS PCR EN GALICIA
Feijóo visitou na mañá deste xoves en Vigo as instalacións de microbioloxía onde levan a cabo as análises das probas diagnósticas (PCR), das que Galicia realizara desde o inicio da pandemia ata a pasada xornada un total de 53.829 tests.

No caso concreto de Vigo, onde Feijóo estivo este xoves cos profesionais, realízanse cada día entre 900 e 1.500 PCR, grazas á instalación dun aparello no laboratorio central do Hospital Meixoeiro que incrementou "substancialmente" a capacidade diaria para realizar novas determinacións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE