Naturgy agradece o labor de sanitarios, Corpos e Forzas de Seguridade, UME e bombeiros cun ano de reparacións gratis
Naturgy regalará a todo o persoal sanitario, Corpos e Forzas de Seguridade (policía, corpos autonómicos, policía local e Garda Civil), así como membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e bombeiros, sexan ou non clientes da compañía, un ano de servizo gratuíto para as avarías eléctricas e de gas e para as reparacións de electrodomésticos de gama branca e gasodomésticos.
Segundo informou a empresa, este servizo gratuíto está destinado a máis de 1.000.000 persoas e estenderase ata xuño de 2021 e no caso concreto de Galicia poderanse acollerse máis de 58.000 profesionais destes sectores.
Con esta iniciativa, o grupo que quere agradecer o labor dos profesionais implicados na primeira liña de loita contra a pandemia. O presidente de Naturgy, Francisco Reynés, destacou que a sociedade "ten unha débeda" con estes profesionais, que por "a súa xenerosidade e a súa dedicación son exemplo para todos".
"Eles preocupáronse de todos durante moitas semanas traballando para que os demais puidésemos soportar a crise sanitaria da mellor maneira posible. Agora debemos ser responsables, recoñecerlles e devolverlles a súa entrega. En Naturgy queremos sumarnos ao aplauso diario da sociedade e ter un xesto con eles para tentar facerlles a vida un pouco máis fácil e axudarlles durante o próximo ano con esta medida", engadiu o directivo.
A través desta iniciativa, a empresa ofrecerá gratuitamente a máis dun millón de usuarios durante 12 meses (ata xuño de 2021) un servizo de resolución de avarías eléctricas e de gas e de reparación de electrodomésticos de gama branca e gasodomésticos nos seus domicilios particulares e cunha potencia eléctrica contratada inferior aos 10 quilowatts (KW).
Para solicitar esta medida, os profesionais deberán acreditar a súa definición laboral a través dos formularios dispoñibles na web da compañía (www.naturgy.es) e que estarán accesibles ata o próximo 31 de maio. Unha vez rexistrados e validado o seu acceso ao programa Coidamos a túa enerxía, estes usuarios dispoñerán destes servizos durante ese período dun ano desde a súa inscrición e sen renovación automática ao finalizar o período.
Esta iniciativa súmase ao paquete de actuacións que a enerxética puxo en marcha desde o inicio da crise sanitaria, como o aprazamento do pago das facturas a clientes domésticos, pemes e autónomos, entre outras.
Escribe o teu comentario