Novo brote nunha residencia: case todos os anciáns da de Crecente (Pontevedra) están infectados
A pandemia non dá tregua nos centros de maiores. En Crecente saltan 13 casos máis o que eleva o número de positivos a 35, cando é un centro privado que ten unhas 40 prazas aproximadamente.
Os casos activos de coronavirus en residencias de maiores chegan aos 1.176 este mércores. Isto supón o 19,53% dos 6.019 casos activos que conta o SERGAS. Os falecementos nestes centros son 92. O que supón o 23% dos falecementos de toda Galicia.
Residencia San Pedro en Crecente nunha imaxe da súa Facebook
As residencias seguen sendo un os focos de contaxio máis grandes de toda Galicia e a día de hoxe a Xunta púxose ao mando de cinco delas: a residencia Porta do Camiño (Santiago), a de Fundación San Rosendo en Baños de Molgas (Ourense), a DomusVi Cangas, a DomusVi Barreiro e A nosa Señora da Fátima (O Barco).
As dúas primeiras foron habilitadas para recibir a usuarios destes centros que padezan a enfermidade e as outras tres foron intervidas despois de detectar o virus na maior parte dos residentes: DomusVi Cangas, a DomusVi Barreiro e A nosa Señora da Fátima (O Barco).
A día de hoxe, a da nosa Señora da Esperanza de Ourense -que non está intervida-
mantén 101 persoas infectadas nas súas instalacións, a de Cangas conta con 91, e a de Vigo con 67.Outros centros que concentran a maior cantidade de casos en Galicia son o DomusVi San Lázaro (Santiago) con 82 ou A nosa Señora de Fátima, que si está intervida, en O Barco de Valdeorras, con 61.
NOVO BROTE NUNHA RESIDENCIA
Con máis de 30 maiores afectados atópanse a residencia O Portazgo (46), DomusVi Matogrande (41), Divino Mestre (38), San José Hermanitas de Ourense (35) e San Pedro de Crecente (35). Nesta última apareceron 13 casos máis desde o martes.En total son 47 as residencias galegas que contan con algún caso activo de coronavirus entre os seus usuarios e 92 os maiores que morreron nalgún destes centros desde o inicio da pandemia.
Ademais, a Consellería de Sanidade informou que o número de casos detectados en establecementos de servizos sociais corresponden ao 3,8% do total de persoas residentes.
Escribe o teu comentario