O overbooking que vén no fútbol modesto: proposta para acabar as ligas territoriais con ascensos pero sen descensos
A medida significaría un fin do campionato express e as fases de ascenso disputaríanse a partido único en lugar dos dous partidos habituais.
A medida significaría un fin do campionato express e as fases de ascenso disputaríanse a partido único en lugar dos dous partidos habituais.
Esta proposta nace de Luís Rubiales, presidente da Federación, e afectaría os equipos de Terceira División e as categorías inferiores a esta. Do mesmo xeito, a Segunda B tamén se vería afectada, xa que tería que contar o ano que vén con máis equipos en cada grupo, o que á súa vez obrigaría a restructurar calendarios e sistema de competición, algo que xa contempla a proposta e que mesmo se expón a varios anos vista para recuperar a normalidade a medida que pasen as tempadas.
De momento, só trátase dunha proposta que necesitaría do respaldo coas Federacións autonómicas. O que se habería en todo caso é ascensos, disputados a un só partido polos equipos que están agora nos respectivos postos de promoción, aínda que todo iso dependería de que o Goberno central permita finalizar as competicións.
A proposta engloba tamén ao fútbol feminino, ao fútbol sala e as categorías xuvenís. Doutra banda, estúdase tamén que facer coas categorías do fútbol basee, máis dependentes do que marque Sanidade.
Escribe o teu comentario