Máscaras de bolsas de aspiradora son un 86% efectivas contra os virus (vídeo)

A Universidade de Cambridge realiza un estudo para identificar os materiais caseiros mais efectivos para facer máscaras.


|

A Universidade de Cambridge realiza un estudo para identificar os materiais caseiros mais efectivos para facer máscaras.


As máscaras convertéronse no produto máis buscado desde hai meses por mor da chegada do coronavirus. O Goberno de Sánchez e a OMS indicaron que non era necesario para a poboación o utilizar protección, mentres que en países como Corea do Sur ou China eran obrigatorias.  Ese criterio cambiou e España prepárase para a repartición maximo de protección á poboación. 


Claudio schwarz purzlbaum Zh btVpBcdw unsplash


Hoxe, cada vez está máis claro que é necesario que toda a poboación use máscaras para impedir a propagación da pandemia. De feito, ata a OMS cambiou o criterio, e a poboación está a tirar de creatividade para podelas fabricar en casa, xa que é practicamente imposible conseguir unha na farmacia. 


Un estudo publicado en 2013 por a Universidade de Cambridge describe os materiais máis adecuados para fabricar unha máscara no fogar. Lideran o ranking as bolsas de aspiradoras, que están compostas dun material capaz de garantir unha efectividade do 86%. Séguenlle os panos de cociña (73%) e os tecidos compostos por algodón e poliéster (70%). O único material que non superou o limiar do 50% é o tecido das bufandas. 


Estas máscaras son un primeiro recuso para poder saír á rúa e, en caso de ser un portador asintomático, reducir as posibilidades de contaxiar aos demais. 


COMO FACER UNHA MÁSCARA CON FILTRO DE ASPIRADORA




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE