Panaderías, pastelerías e quioscos abertas en Venres Santo, pero non os supermercados

A Xunta fixou esta xornada como festivo para que descanse o persoal das tendas de alimentación

|

Os traballadores de supermercados levan semanas aguantando xornadas intesivas con pouco ou ningún descanso. A Xunta limita por vez primeira a liberdade de horarios que concedeu cando se iniciou o estado de alarma.


Panaderías, pastelerías, churrarías, quioscos, así como os establecementos dedicados á venda de combustible e carburantes poderán abrir este Venres Santo en Galicia, xornada que a Xunta decretou como non hábil para que pechen os supermercados e demais tendas de alimentación co fin de que o persoal desta actividade esencial poida descansar.


Persoas con máscaras cirúrxicas fan cola diante dun supermercado en zona de Italia onde se detectou a propagación do coronavirus Foto de Claudio  Furlan



Segundo lembrou a Consellería de Economía, continuan con liberdade para abrir aqueles establecementos que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda a público de ata 300 metros cadrados que teñan a consideración de pequena ou mediana empresa cuxa actividade comercial non se atope suspendida polo estado de alarma.

Fuentes do departamento autonómico explicaron o pasado venres a Europa Press que o Goberno galego tomou a decisión de declarar este día como non hábil como forma de "agradecer" o traballo do persoal dos supermercados e tendas de alimentación. Un sector ao que a Xunta decidiu liberalizar o horario durante o tempo que dure o estado de alarma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE