A corentena relaxarase a aos poucos, semana a semana
Pedro Sánchez chama a reeditar os pactos da Moncloa. Con todo, polo visto hoxe no Congreso dos Deputados teno moi difícil. O presidente indica que o confinamento dependerá da evolución de varios indicadores.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, compareceu este Xoves Santo ante un hemiciclo case baleiro para pedir o voto para unha nova prórroga do estado de alarma. Así mesmo, Sánchez esperou ao final da súa comparecencia para anunciar que a semana que vén convocará a todas as forzas políticas e axentes sociais para empezar a perfilar o seu proxecto duns novos Pactos da Moncloa.
O presidente advertiu hoxe de que a desescalada das medidas adoptadas contra a pandemia de coronavirus será progresiva e levará a unha "nova normalidade" que non será plena ata que o mundo non conte cunha vacina. Neste contexto pediu á partidos unidade e que despreguen a súa influencia cos seus partidos irmáns na Unión Europea para seguir adoptando as medidas necesarias contra a emerxencia sanitaria e tamén para superar a crise económica que se xerou.
Sánchez expuxo as medidas adoptadas ata o momento e anunciou que o Goberno está a preparar un plan para ir desmantelando progresivamente as medidas de confinamento que se están aplicando. Para iso, dixo que nesa planificación hai un equipo multidisciplinar que está a deseñar a reactivación progresiva.
Neste sentido, explicou que os científicos que asesoran ao Gobinero estableceron varios marcadores que fixarán o ritmo de retorno en función do ritmo dos contagios. Por iso, sinalou que "cada avance semanal fará posible a apertura de espazos".
Tamén comunicou que o Goberno habilitará este venres unha segunda liña de avais públicos, doutros 20.000 millóns de euros, co fin de garantir a liquidez a empresas e autónomos ante a emerxencia da crise do coronavirus.
UN HEMICICLO CASE BALEIRO
O Pleno comezou puntual, ás nove da mañá, cando Sánchez subiu á tribuna de oradores para dar conta das últimas medidas sanitarias, económicas e sociais promovidas polo seu Executivo e fíxoo, de novo, ante un aforo limitado manténdose así o acordo que vén aplicándose no Congreso para que, mentres dure o estado de alarma, só acuda ao Pleno o 10% dos deputado de cada grupo, cun máximo de medio centenar.
Pouco máis de 40 deputados acudiron a escoitar ao presidente do Goberno, entre eles unha representación reducida da Mesa do Congreso e do Goberno. Xunto a Sánchez acudiron ao hemiciclo o vicepresidente e líder de Podemos, Pablo Iglesias, e os ministros Margarita Robles (Defensa), Fernando Grande Marlaska (Interior), Salvador Illa (Sanidade) e José Luis Ábalos (Transportes)
Escribe o teu comentario