A gráfica do coronavirus en Galicia non acelera nin en número de casos novos nin no de falecidos por día

De ser representativo o número de probas, isto indicaría que os contagios pola epidemia deberían a empezar a ser menos relativamente pronto: Máis lonxe parece aínda o pico en falecementos.


|

Os 410 novos positivos confirmados polo Ministerio de Sanidade non son un mal dato para Galicia. Aínda que a epidemia segue o seu ascenso, o ritmo de avance continúa estabilizado desde aproximadamente unha semana no que se refire a casos novos, aínda que só tres días no referido a falecementos. 





En todo caso, a epidemia pronto superará os 5.000 casos confirmados no país. Galiciapress estimou que se alcanza os 7.000 casos positivos e activos á vez as UCIs do SERGAS poden empezar a ter problemas de prazas. 


O luns, os casos de galegos que necesitaran UCI supoñían case o 50% das prazas de coidados intensivos do SERGAS. Catro días despues supoñen o 60%, 165 pacientes de 274 prazas.


Por exemplo, en Santiago había onte ocupados 9 dos 15 espazos nas UCIs para o COVID, ssegundo datos da doutora do CHUS Fátima Nercellas.







A este ritmo de aceleración, ese límite aproximado de 7.000 positivos poderíase alcanzar en dez días. É un número superior de días aos que marcaba o indicador fai unhas xornadas. Isto podería indicar que, efectivamente, o SERGAS está a gañar tempo antes de verse obrigado a recorrer a medidas excepcionais como hospitais de campaña ou triaje para decidir quen entra na UCI.


De feito, na gráfica logaritma da pandemia, vese como os positivos confirmados vanse aplanando cada vez máis, tanto en Galicia como en España. Iso si, sen chegar á ansiada cima:




A gráfica  que indica a porcentaxe de variación de novos casos diarios dean Galicia tamén mostra certa estabilización no 10%. Os casos confirmados de COVID-19 seguen crecendo, pero a un ritmo significativamente menor que a pasada semana, onde andaba polo 16%.





A nivel estatal, a gráfica de novos casos leva estabilizada unha semana sobre os 8.000 diarios. De ser representativo o número de probas, isto indicaría que os contagios pola epidemia deberían a empezar a ser menos relativamente pronto:




Máis lonxe parece aínda o pico en falecementos. Só nun día, o Ministerio rexistrou 950 falecementos en España, récord ata a data. 




Preocupante, pois o número de falecidos é quizais un indicador máis verídico da evolución do COVID-19 que o número de positivos, vista a escaseza de test. En todo caso, hai ter en conta que é unha enfermidade que afai a non mostrarse os seus síntomas ata 4-6 días despois do contaxio e que moitos casos non empeoran ata pasada unha semana. É dicir, moitos dos falecementos de onte poden ter a súa orixe nun contaxio de hai varias semanas atrás. 


En Galicia, a luctuosa cifra de mortos por día rolda por agora os 20 por xornada. Con todo, é probable que aumente vista a dificilísima situación nalgunhas residencias de anciáns. Dado que a pandemia propagouse máis tarde en Galicia, é esperable que a autonomía non alcance o seu pico diario de mortos ata despois de que o Estado a alcance.





A nivel global, este gráfico representa os mortos por coronavirus por país. España parece condenada a superar os falecidos de Italia, un país cuns 10 millóns de habitantes máis. Preocupantes resultan tamén as gráficas de falecidos de Estados Unidos e Reino Unido, sen mostras de estar desacelerando nin sequera é escala logarítmica:






RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp  (5)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE