O SERGAS só fai test aos sanitarios con síntomas, protesta CIG-Saúde

CIG-Saúde demanda, ademais dos equipos individuais de protección necesarios, que se lles faga a proba do coronavirus COVID-19 "a todo o persoal" do Sergas, non só aos que presentan síntomas, co fin de "proporcionar máis protección".

|

A pesar de que hai casos asintomáticos, que os sanitarios están en primeira liña e traballan coas persoas máis vulnerables


CIG-Saúde demanda, ademais dos equipos individuais de protección necesarios, que se lles faga a proba do coronavirus COVID-19 "a todo o persoal" do Sergas, non só aos que presentan síntomas, co fin de "proporcionar máis protección".


Punto de recollida de mostras en test de coronavirus instalado no hospital CHUO de Ourense nunha foto do SERGAS




Así o sinalou esta central sindical nun comunicado de prensa, no que incide en que con esta medida, que "conta co aval científico", puntualiza, pódese "proporcionar un grao adicional de protección e evitar contagios".


PRIMEIRO, OS QUE MÁIS RISCO SOFREN

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembra que o persoal con vínculo no Sergas e o das empresas que traballan en centros sanitarios, polo da limpeza, "están a facer todo o que se pode, e máis, por prestar a atención sanitaria necesaria a toda a poboación".

"Ese é o noso traballo e temos a determinación de facelo o mellor posible, coa maior eficacia e coa vontade de atender todas as demandas posibles da poboación", subliñou Abuín no comunicado, no que matiza que o que demandan "é poder facer o traballo nas condicións de seguridade necesarias", responsabilidade que, apostila a CIG, "recae na dirección das distintas áreas sanitarias".

Por iso, CIG-Saúde solicita "que se proceda a realizar, cunha prelación en función do risco, unha determinación en plasma de inmunoglobulinas IgM e IgG a todo a persoal da área sanitaria en risco".

Este sindicato asegura que "non se están facendo os test PCR a todo o persoal". "Fanse só se hai síntomas respiratorios", explicou María Xosé Abuín, que lembra que o persoal sanitario "é o que está en contacto coa poboación máis vulnerable" polo que, abundou, "é necesario asegurar que non sexan axente de transmisión da infección".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE