Os catro detidos na operación que incautou 3.700 quilos de cocaína na ría de Arousa pasan a disposición xudicial

As catro persoas detidas na Guarda (Pontevedra) o pasado domingo 29, acusadas de formar parte da organización que tratou de introducir 3.700 quilos de cocaína en Galicia a bordo de dúas planadoras, prestarán este mércores declaración por vía telemática ante a titular do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados, que instrúe o caso.

|

As catro persoas detidas na Guarda (Pontevedra) o pasado domingo 29, acusadas de formar parte da organización que tratou de introducir 3.700 quilos de cocaína en Galicia a bordo de dúas planadoras, prestarán este mércores declaración por vía telemática ante a titular do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados, que instrúe o caso.


Cocaína incautada no marco da operación Mansalva, en Galicia.



Tres deles farano na mañá deste mércores e un pola tarde, informaron fontes xudiciais. Do mesmo xeito que o fixo cos dous primeiros detidos, que xa se atopan en prisión, a xuíza tomaralles declaración por videoconferencia como consecuencia das medidas sanitarias extraordinarias adoptadas pola crise do coronavirus.

Axentes da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) do Corpo Nacional de Policía, e do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas (EDOA) da Garda Civil, ambos de Pontevedra, detiveron a estas catro persoas o domingo 29, un día despois de que fose requisado o alixo de droga. Entre elas atópase A.F.P., un coñecido das Forzas de Seguridade, con numerosos antecedentes por tráfico de estupefacientes.


DOUS DETIDOS XA EN PRISIÓN

A xuíza cambadesa que instrúe esta causa xa enviou a prisión a dúas dos detidos neste operación. Trátase dun veciño da Illa de Arousa e outro de nacionalidade peruana detidos na madrugada do sábado 28 cando a lancha semirrígida na que transportaban a droga embarrancó nuns baixos na desembocadura do Río Umia, fronte ás costas de Cambados.

Ambos foron acusados dun delito de tráfico de drogas en cantidade de notoria importancia, polo que a xuíza decretou para eles prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE