Para o BNG a paralización das actividades non esenciais chega tarde, pero apoia a medida

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, celebrou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "rectifique" co seu anuncio de que desde o luns paralizarase toda actividade económica que non sexa esencial con motivo da crise sanitaria do coronavirus.

|

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, celebrou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "rectifique" co seu anuncio de que desde o luns paralizarase toda actividade económica que non sexa esencial con motivo da crise sanitaria do coronavirus.


Non title

Iso si, tal e como manifestou este domingo en declaracións aos medios, o nacionalista lembra que o Bloque "leva reclamando desde hai máis de 15 días" esta medida, tamén durante os dous plenos que houbo no Congreso, polo que considera que chega tarde.

"Alegrámonos de que o Goberno rectifique, pero parécenos unha pena que esta decisión non fose adoptada hai 15 días cando contribuiría bastante máis a romper a cadea de contagios que se puido producir nos centros de traballo", manifestou.

Ademais, Néstor Rego expresou o seu "preocupción" coa decisión de que os empregados recuperen o tempo non traballado cando pase o estado de alarma. "Non é xusto que as consecuencias desta crise sanitaria e social páguenas en exclusiva os traballadores", criticou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE