O material sanitario da Xunta "non se pode usar", critica o alcalde do Grove

Luvas de perruqueira, materias roto e caducado. Isto é o entregado polo Goberno Gallego, asegura o edil socialista meco.


|

Luvas de perruqueira, material roto e caducado. Isto é o entregado polo Goberno Gallego, asegura o edil socialista meco. O PP respóndelle que polo menos a Xunta entrégalles algo aos concellos mentres que o Goberno Central nada.

 

O alcalde do Grove (Pontevedra), José Antonio Cacabelos, denunciou que o material que a Xunta de Galicia entregou o martes aos concellos era "moita menos cantidade" da que previamente se lles prometeu e que, ademais, é de "moi mala calidade".


Máscara entregada pola Xunta ao Concello do GroveFoto do Concello do Grove dunha máscara que di entregoulle a Xunta


"Nin sequera podémolo utilizar", asegurou en declaracións a Europa Press o rexedor socialista, na liña do manifestado polo PSOE de Pontevedra que, nun comunicado, asegura que o material de protección anunciado "aos catro ventos" pola Xunta consta de "máscarillas rotas, caducadas e mesmo luvas non estériles ou de uso para barbería".

Cacabelos afirma que, con esta protesta, non busca "xerar unha polémica política", pero censura a falta de "seriedade" coa que, di, actuou o Goberno galego.

"HAI QUE SER MÁIS SERIOS"
"Tanto o Goberno do Estado como a Xunta terá sempre en nós un aliado pero, por favor, hai que ser un pouco máis serios", indicou.

O alcalde relata que recibiu unha chamada da Xunta para avisarlle de que tiña que recoller o material sanitario que lle correspondía ao concello do Grove na delegación que o Goberno autonómico ten en Pontevedra.

O concello dispuxo dunha furgoneta municipal e enviou a un membro de Protección Civil a recoller o material. Á súa chegada foille entregada unha única caixa na que dixeron que habería 80 máscaras e 144 pares de luvas.

"A primeira sorpresa foi que había mesmo menos material do que nos dixeron. Tan só viñan 68 máscaras", indica o alcalde, que engade que "iso non foi o peor".

"O material era de tan pésima calidade que o propio servizo de Emerxencias díxome que iso non se podía repartir á xente porque era inútil. De feito moitas xa rompían nada máis abrilas", aseverou.

"FEITOS", "NON ACTOS"
José Antonio Cacabelos solicita á Xunta que "non faga actos" cun tema tan sensible. "Agora mesmo o que necesitamos son feitos. E o de onte (martes) pareceu máis un acto político que un feito", apuntou.

Así as cousas, varios concellos galegos han trasladado formalmente á Fegamp as súas queixas por situacións similares para que se lles faga chegar oficialmente á Xunta.

O alcalde grovense advirte que non é certo que o Goberno de España estea a limitar ou confiscando material sanitario. "Ao contrario, está a promover que as comunidades autónomas fagan investimentos para compralo. E nós animamos a iso. E se se pode centralizar desde a Xunta, mellor. Pero que se faga ben, non este paripé", engadiu.

TRAXES DO PRESTIGE
O rexedor do Grove indicou que o que máis necesitan neste momento son máscaras, xa que , ademais da o servizo local de Emerxencias e á Policía Local, o concello grovense están a fornecerse tamén máscaras aos traballadores do 061, á Garda Civil e ás auxiliares de asistencia a domicilio.

Neste sentido, Cababelos indica que desde hai uns días un grupo de voluntarias están a confeccionar cada día nas súas casas ao redor de medio centenar de máscaras de tea de dobre capa que despois entregan aos servizos de emerxencias para a súa repartición.

"Sabemos que non é a mellor protección do mundo porque non evita o contaxio, pero si evita que contaxien as persoas xa infectadas. É mellor que non levar nada", apuntou.

O concello do Grove conta tamén con 170 equipamentos de traxes, patucos, e lentes, dos que se repartiron durante a campaña do Prestige. "Fixemos un chamamento aos veciños e asociacións para que aqueles que aínda os tivesen doásennolos e en dous días recibimos máis de 170", comentou.

PP AFEA AA CRÍTICAS DO PSDEG
O PP de Pontevedra saíu ao paso das críticas dos alcaldes do PSOE, aos que afea que "aposten pola confrontación política ata nas peores circunstanicas".

Nun comunicado, o deputado durante a última lexislatura, Alberto Pazos, tachou de "lamentable" que os socialistas "non espereasen nin un día para saír a queixarse, o que demostra que é o que pretenden".

"Critican á única administración que está a colaborar cos concellos no envío de material sanitario. Que recibiron os concellos da subdelegación? Nada, e iso que a compra e a repartición de luvas, máscaras e outro material está centralizada no Goberno central desde que decretou o Estado de Alarma", incidiu o popular.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE