O Goberno pon trabas á libre circulación dos cidadáns en toda España como medida contra o coronavirus
O Goberno limitou a libre circulación dos cidadáns en toda España como medida para frear a expansión do coronavirus. Así se reflicte no decreto que aprobou este sábado o Consello de Ministros extraordinario, que só permite os movementos en determinados casos concretos.

En concreto, o decreto establece que as persoas só poderán circular "polas vías de uso público" en oito supostos, entre os que se atopa a adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
Así mesmo, permítese saír á rúa para asistir a centros sanitarios, para desprazarse ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial, ou para volver ao lugar de residencia habitual.
Tamén se permite saír para a asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerable, para acudir a entidades financeiras, "por causa de forza maior ou situación de necesidade", ou para "calquera outra actividade de análoga natureza debidamente xustificada.
Escribe o teu comentario