Rego (BNG) dá exemplo: quedará en Madrid para protexer á súa familia e ao seu país
Mentres miles de mozos galegos -un grupo moito menos ameazado polo coronavirus- e madrileños con casas de vacacións en Galicia deixan a capital de Estado, o deputado nacionalista, de 57 anos, elixe voluntariamente quedar na rexión máis afectada seguindo as recomendacións do Goberno
O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, tomou a decisión de permanecer en Madrid por "prudencia e responsabilidade" ante a situación social que está a provocar o coronavirus.
Así o transmitiu o nacionalista este mañá de venres a través do seu Twitter, despois de que a Xunta de Galicia e o Goberno de España aconsellase a pasada xornada evitar viaxes e mobilizacións innecesarias.
Ademais, esta semana Rego tamén ha asisitido en Madrid a dúas reunións da Xunta de Portavoces do Congreso, polo que cre que "a decisión correcta" é quedar en Madrid ante o risco de ser un potencial contaxiado por COVID-19.
No mesmo tweet asegurou que se atopa "perfectamente" ben, pero con esta medida pretende protexer aos seus, á súa xente e a Galicia en xeral, xa que Madrid é o principal foco de contaxio de España.
Escribe o teu comentario