Coronavirus: posible positivo dun menor en Ourense; en investigación un madrileño ingresado en Pontevedra

A Consellería de Sanidade mantén en estudo o caso dun neno en Ourense e dun home de Madrid ingresado en Pontevedra á espera de recibir a confirmación das probas de coronavirus remitidas ao Centro Nacional de Microbiología tras o primeiro positivo.

|

A Consellería de Sanidade mantén en estudo o caso dun neno en Ourense e dun home de Madrid ingresado en Pontevedra á espera de recibir a confirmación das probas de coronavirus remitidas ao Centro Nacional de Microbiología tras o primeiro positivo.



CHUO


Fachada do CHUO


Así o confirmaron fontes consultadas por Europa Press, que sinalaron que o caso de Ourense, hai un menor ingresado no complexo hospitalario e persoal sanitario dun PAC illado.


As mesmas fontes consultadas aseguraron que este segundo caso en Ourense non ten relación co da profesora de 35 anos que permanece en illamento preventivo no seu domicilio co virus tras regresar dunha viaxe a Venecia.


Ademais, sinalaron que está en estudo o caso dun home de Madrid que supostamente estivo nun centro termal de Guitiriz (Lugo) e este martes ingresou en Pontevedra, onde obtivo positivo polo coronavirus nunha primeira proba. As mesmas fontes puntualizaron que non está relacionado co outro hospitalizado en Montecelo.


Ata o martes, a Consellería de Sanidade confirmou que os afectados por este virus na Comunidade galega ascenden a 27, dos que 20 están na área da Coruña, catro na de Vigo, un na de Ourense, un en Pontevedra e outro en Lugo. A maiores, quedan algúns casos pendentes do resultado do laboratorio madrileño.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE