Estudantes e viaxeiros galegos: atrapados en Italia polo coronavirus e sen recursos nin medios para volver a casa

O coronavirus provocou a parálise e o illamento de Italia, que interpuxo unha corentena a toda a poboación para evitar que se siga estendendo a enfermidade. Con todo, hai centenares de españois, entre eles moitos galegos, que se atopan no país transalpino de viaxe, estudando ou por motivos laborais e que agora ven afectados pola cancelación dos voos entre Italia e España.


|

O coronavirus provocou a parálise e o illamento de Italia, que interpuxo unha corentena a toda a poboación para evitar que se siga estendendo a enfermidade. 


Con todo, hai centenares de españois, entre eles moitos galegos, que se atopan no país transalpino de viaxe, estudando ou por motivos laborais e que agora vense afectados pola cancelación dos voos entre Italia e España.


Esttudiantes italia

Os estudantes Erasmus en Italia viven unha situación delicada


Ante esta controvertida situación, o BNG, por medio do parlamentario Néstor Rego, pediu ao Goberno de España que actúe de forma inmediata para que atenda a todos os galegos que se atopan atrapados en Italia por culpa da enfermidade. Desde o partido nacionalista alertan ao Ministerio de Exteriores, encabezado pola socialista Arancha González Laya, que esas persoas deben ser atendidas polas embaixadas e consulados, que neste momento, denuncian, “non están a prestar auxilio a estes cidadáns e cidadás que se atopan en situación de desamparo”.


A denuncia do BNG inclúe o testemuño dalgúns afectados, que relatan como os consulados non están a lles ser de axuda e que só facilitan “unha declaración xurada para que poidan abandonar o país en automóbil ou en barco”. Con todo, moitos dos afectados non dispoñen dos medios económicos necesarios para sufragar estes gastos. Nese sentido, advirten desde a forza nacionalista, moitos dos prexudicados “corren o grave risco de quedar na rúa”.



O BNG denuncia que as autoridades españolas anunciaron nun primeiro momento que o regreso dos estudantes afectados non tería gastos económicos para eles, posto que unha das cláusulas da bolsa Erasmus contempla a posibilidade de regresas por causas de forza maior, cubrindo os gastos de desprazamento”, advirte. 


Nesa liña, critican que ningunha institución está a asumir a responsabilidade de repatriar a estes estudantes illados na península itálica. “Néstor Rego pide que se adopten as medidas necesarias para dar atención adecuada a todos estes cidadáns e cidadás e resolver a situación canto antes”, conclúe a nota do BNG. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE