Coronavirus en Galicia: Soben a 27 os positivos e a Xunta non prevé por agora suspender as clases
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este martes de que os casos de coronavirus confirmados en Galicia polo Centro Nacional de Microbiología de Majadahonda elévanse a 27 e hai tres máis en estudo.
Os casos de COVID pasan de 18 a 27 en 24 horas, unha evolución relevante pero non tan intensa como noutras autonomías. Feijóo anuncia medidas como límite de aforo en eventos.
Así o trasladou nunha comparecencia ante os medios, acompañado do subdirector xeral de Información sobre a Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, e do xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, tras presidir a comisión de seguimento do coronavirus na que están implicados os distintos departamentos da Xunta.
Na comparecencia, Feijóo avanzou que, durante 15 días, fíxase o límite de visita dunha persoa por paciente ingresado en calquera hospital galego e a unha visita por interno nas residencias de anciáns.
Así mesmo, recoméndase optar por consultas telefónicas no canto de ir ao hospital, sempre que sexa posible; e limitarase o aforo de eventos a 1.000 persoas.
O mandatario lembrou que os maiores son as persoas de maior risco.
"Parécenos necesario actuar preventivamente", asegurou. Feijóo asegura que Galicia está entre as 3 ou 4 comunidades con menor incidencia.
A cociente de contaxio en Galicia é de 0,99 por cada 100.000 habitantes, mentres en España anda polos 3,7 e en Italia anda por máis de 14 por cada 100.000 habitantes; segundo datos comunicados polo presidente.
En principio non se baralla suspender por agora a actividade clases, aínda que Sanidade está reunido agora coas universidades para tomar medidas.
Escribe o teu comentario