Jácome confesando como sacou galletas dun almorzo da Xunta e outras 'alcaldadas' do último pleno (vídeo)


Confesar como acaparou galletas nun acto da Xunta e levounas a casa. Desexar que a súa cidade sexa o "hazmerreir" nacional. Chamarlle "nena" a unha concelleira. Estas son só algunhas das polémicas protagonizadas por Gonzalo Pérez Jácome no último pleno de Ourense. Son de tan calibre que polas redes circulan varios recompilatorios de "as mellores alcaldadas".


|

Confesar como acaparou galletas nun acto da Xunta e levounas a casa. Desexar que a súa cidade sexa o "hazmerreir" nacional. Chamarlle "nena" a unha concelleira. Estas son só algunhas das polémicas protagonizadas por Gonzalo Pérez Jácome no último pleno de Ourense. Son de tan calibre que polas redes circulan varios recompilatorios de "as mellores alcaldadas".


Ju00e1come no pleno



Ao alcalde de Ourense non lle bastou comparar ao líder da oposición cun chimpancé, pero con mirada menos astuta que o primate, e tentar quitarlle ferro despois comparandose el tamén co animal, como xa relatou Galiciapress


A pesar de que, en teoría, o seu labor como presidente do pleno é facilitar o debate democrático, Jácome adoptou por momentos unha actitude claramente provocadora. "Sabe que podo interrumpir cando queira", "eu son o alcalde e se a vostede non lle gusta o que ten que facer é amolarse", "eu podo interromperlle cando considere e se vostede non lle gusta volva de alcalde a Amoeiro"son algunhas das frases que lle espetou aos edís rivais, a última delas ao líder da oposición, ex-alcalde de Amoeiro.


É difícil elixir o momento máis bizarro das intervencións do líder de Democracia Ourensá. Quizais cando confesou que o convidaron a un acto institucional da Xunta e que, con disimulo, axenciouse as galletas que servían alí e levounas a casa. Non por glotonería, senón por curiosidade, di.


"Había moitas galletas (...) se as collo todas de golpe queda fatal (...) cada pouco ía collendo unha e metíaa no peto (...) téñoas en casa porque aínda non as papei", contou o líder localista, que goberna a urbe grazas a un pacto co PP de Manuel Baltar.


Así as cousas, o pleno acabou con varios concelleiros expulsados e dous grupos que abandonaron a reunión.


É posible que a mellor definición do sucedido a fixera, precisamente, un dos expulsados. Luís Seara  fixo alusión á fábula 'O traxe novo do emperador' para dicirlle a Jácome que "o centro de Intelixencia Artificial só está na súa imaxinación e na de todos aqueles aduladores que lle din que leva un traxe precioso". O representante do Bloque referíase así ao proxecto estrela de Jácome. Un centro tecnolóxico que non ten nin instalacións nin persoal, pero para ao que vai contratar un director.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE