Segundo caso de coronavirus en Galicia: a muller doutro paciente a análise no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A Consellería de Sanidade confirmou un segundo caso de coronavirus en Galicia, unha muller de 47 anos ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

|

Unha parella ingresou no Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas compatibles co COVID-19. Os resultados da muller xa confirmaron o positivo, os do home aínda non chegaron.


A Consellería de Sanidade confirmou un segundo caso de coronavirus en Galicia, unha muller de 47 anos ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Este caso, un dos cinco que permanecían en estudo en Galicia, segundo adiantou o presidente da Xunta, foi confirmado polas análises do Centro Nacional de Microbiología. A muller atópase illada no hospital, en cumprimento dos protocolos implantados polo Ministerio de Sanidade.


É probable que pronto se confirme outro positivo en Vigo. E é que a paciente, segundo a prensa local, é muller dun profesional do transporte que está ingresado en HAC de Vigo desde a noite do luns.

Este é o segundo positivo en coronavirus que se produce en Galicia, tras a confirmación dun primeiro caso este mércores, un home de 49 anos procedente de Madrid e que está illado no Hospital da Coruña.


Hospitalalvarocunqueiro 6



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE