O SERGAS promete que o luns usará unha proba "máis rápida" para o coronavirus
O primeiro positivo chegou ás urxencias do CHUAC da Coruña o luns, pero non foi ata o mércores á tarde que o SERGAS informou oficialmente o positivo tras enviar as mostras para analizar o martes. A Xunta indica que o paciente estivo "un ou dous días" pola comunidade pero asegura que o COVID-19 "non circula" por Galicia , xa que todas as persoas que contactaron con el están "asintomáticas". O paciente está estable dentro do seu gravidade, con dobre pneumonía. Os sindicatos sanitarios quéixanse de falta de formación e de recibir información tarde. "Dous parágrafos de texto", segundo CCOO.

A Consellería de Sanidade incorporará a partir do próximo luns, empezando polo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) unha nova proba para a detección de coronavirus, que será "máis rápida". Ata o momento, explicaron os responsables da consellería, descartáronse 141 casos.
O conselleiro Almuíña hoxe en rolda de prensa
Así o explicaron durante unha rolda de prensa convocada para informar sobre o primeiro positivo de coronavirus da Comunidade, un home de 49 anos procedente de Madrid e ingresado no CHUAC, na que participaron a xefa de servizo de Medicina Preventiva do centro hospitalario, María José Pereira, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o subdirector xeral de Epidemiología, Xurxo Hervada.
Na comparecencia, os responsables da consellería quixeron mandar unha mensaxe de "tranquilidade" e explicaron que, en España, "a incidencia, neste momento, aínda é baixa" e estase nunha fase de "contención".
Tras felicitar aos profesionais do CHUAC pola súa "rápida actuación", o conselleiro de Sanidade lembrou que os protocolos, adaptados á realidade de cada Comunidade, acórdanse co Ministerio, e fixo fincapé na necesidade de chamar ao 061 en caso de crer que se padece esta enfermidade, en lugar de acudir ao hospital.
GRUPOS PARA TOMAS DE MOSTRAS
Na actualidade xa existen en Galicia "grupos de profesionais que están a ir a domicilios a buscar as mostras", que son analizadas nos hospitais galegos nun primeiro momento, pero que se confirman co laboratorio de Madrid.
Para xestionar esta situación, dixo Almuiña, tamén comprouse material de emerxencia e reforzouse o persoal, especialmente no ámbito de microbiología e medicina preventiva.
Coa incorporación ás probas de todos os pacientes con pneumonías "sen filiar", deuse "máis sensibilidade" á ferramenta, algo que proba o feito de que a maior parte das análises son negativos.
DATOS DO TELÉFONO
Desde a súa posta en marcha, o teléfono de información sobre coronavirus --900 400 116-- recibiu 1.051 chamadas e tomáronse 47 mostras a domicilio. Das 142 analíticas que se fixeron, dixo Vázquez Almuiña, 141 foron negativas.
Segundo explicaron os responsables da sanidade galega, a partir do próximo luns, día 9, poñerase en marcha "unha nova técnica microbiológica" para obter resultados sobre o virus de forma "máis rápida". A incorporación arrincase no Hospital da Coruña, pero estenderase ao resto.
Do mesmo xeito, Almuiña lembrou que este xoves reunirase o Comité de Seguridade e Saúde do Complexo coruñés e que o venres haberá un encontro da comisión central da materia.
Escribe o teu comentario