Bos datos do paro tanto en Galicia como en España en febreiro

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 7.806 desempregados en febreiro (-0,2%), o seu maior descenso neste mes desde 2017. En Galicia o mes foi aínda mellor, caendo un 0,9%.


|

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 7.806 desempregados en febreiro (-0,2%), o seu maior descenso neste mes desde 2017. En Galicia o mes foi aínda mellor, caendo un 0,9%. 


O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 1.526 persoas o pasado febreiro en Galicia en relación co mes anterior, o que supón un unha baixada do 0,91%. Deste xeito, o descenso do desemprego é mellor que na media española (-0,24%).


Variación do paro rexistrado en Galicia, con datos actualizados a febreiro de 2020. Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social, o paro rexistrado na Comunidade galega no segundo mes de 2020 alcanza en total a 166.229 persoas. Así, son 7.480 menos con respecto ao mesmo mes de 2019 (-4,31%).

No conxunto do Estado, o número de parados baixou en 7.806 en febreiro (-0,2%), o seu maior descenso neste mes desde 2017, cando retrocedeu en algo máis de 9.300 persoas.


EuropaPress 2686893 Variaciu00f3n mensual do paro en Espau00f1a en febreiro en meses comparables febreiro de 2020 (Ministerio de Traballo)




Os datos da Seguridade Social en Galicia tamén son positivos este mes.  Así, pechou febreiro cunha subida media de 5.848 afiliados (+0,58%) en comparación co mes de xaneiro, ata situar o total de cotizantes 1.012.354 persoas. Este avance na Comunidade galega, que rexistra o mellor febreiro desde 2008, é algo superior á media estatal (+0,4%).


Afiliación á Seguridade Social en Galicia, con datos actualizados a febreiro de 2020.

Ademais, son 15.043 afiliados máis que o mesmo mes do 2019, o que supón un 1,5% máis, de acordo cos datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.


Este ritmo de avance en Galicia (+0,58%) é superior ao do conxunto estatal (+0,4%). A Seguridade Social pechou o mes cun ascenso medio de 87.735 cotizantes, o que implica o mellor febreiro desde 2015, cando gañou case 97.000 afiliados. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE