Rivera ficha por un despacho de avogados en Madrid
O expresidente de Cidadáns, Albert Rivera, incorporarase ao despacho de avogados Martínez Echevarría.
O expresidente de Cidadáns, Albert Rivera, incorporarase ao despacho de avogados Martínez Echevarría.
Rivera ofrecerá este luns 2 de marzo unha rolda de prensa no Colexio de Avogados de Madrid ás 11.30 horas para informar sobre a súa incorporación, segundo informou o despacho de avogados.
A última comparecencia pública de Rivera foi o 11 de novembro do ano pasado para comunicar a súa decisión de dimitir como líder de Cidadáns e deixar a política tras o trompazo electoral da formación laranxa nas eleccións xerais do 10 de novembro, nas que perdeu 2,3 millóns de votos e 47 escanos.
Rivera anunciou o pasado 15 de febreiro en Twitter que o seu novo libro 'Un cidadán libre', a súa terceira obra, verá a luz o próximo 15 de abril.
Desaparecido da vida pública desde o 11 de novembro, o seu novo libro xerara expectación por coñecer as explicacións que poida ofrecer no mesmo sobre o esborralle de Cidadáns.
Escribe o teu comentario