O 061 do SERGAS xa contratou 7 persoas máis para afrontar a subida de chamadas por coronavirus


Galicia non rexistrou por agora ningún positivo de coronavirus. Con todo, o 061 xa contratou a máis operadoras e enfermeiros para atender o aumento de chamadas, segundo confirman fontes oficiais a Galiciapress.


|

Galicia non rexistrou por agora ningún positivo de coronavirus. Con todo, o 061 xa contratou a máis operadoras e enfermeiros para atender o aumento de chamadas, segundo confirman fontes oficiais a Galiciapress.


Desde a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 apúntase que son tres os enfermeiros a maiores xa contratados e catro os teleoperadores. Este ente, dependente da Consellería de Sanidade, xestiona tanto as chamadas como as ambulancias de transporte de urxencias. 


Mapa de casos de coronavirus en Espau00f1ao du00eda 28





Por agora, estas fontes sinalan que é demasiado pronto para cuantificar a subida de chamadas desde que España rexistrou os primeiros positivos. En todo caso, a contratación de máis persoal evidencia que, como era de esperar, hai máis consultas. 


A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 tamén destaca que está preparada para contratar máis profesionais de ser necesario, en función da evolución da epidemia. 


AS URXENCIAS DE MADRID REXISTRAN ALGÚNS PROBLEMAS

Esta mañá xurdiron as primeiras informacións en Madrid de pacientes sopechosos d pero con síntomas débiles, que tardaron demasiadas horas en recibir a atención a domicilio comprometida.


En Galicia, non hai por agora eses problemas. Ademais do 061, Sanidade acaba de LANZAR unha nova liña, o 902 400 116. Este número ofrece información xeral sobre o coronavirus. Aqueles que teñan síntomas e que estivesen en zona de risco deben de chamar ás emerxencias de o 061 e, na súa falta, ao 112. 


ATENCIÓN AOS QUE ESTIVESEN NO NORTE DE ITALIA E OUTRAS ZONAS DE RISCO

En todo caso, o Servizo Galego de Saúde (Sergas)  insiste que, segundo resume Europa Press, "está preparado" para facer fronte aos posibles casos de coronavirus en Galicia. Ata a data, confirmou este venres a Consellería de Sanidade a Europa Press, "non hai detectados casos positivos" na Comunidade galega.


Sanidade pide, con todo, ás persoas que, tras viaxar a zonas de risco, se nos 14 días teñen síntomas --como febre, tose e sensación de falta de aire-- avisen ao 061.

"Todas as comunidades en España traballamos de forma coordinada a través do Ministerio con protocolos comúns de actuación", explicou Sanidade, que engade que se "está nunha fase inicial onde o que se pretende é facer un diagnóstico rápido e seguro para tratar que o illamento impida a propagación ao resto da poboación".

Así mesmo, subliñou a Consellería que o sistema sanitario galego está "preparado para outra fase onde puidese pasar á poboación como pasa coa gripe todos os anos".

GRUPO DE EXPERTOS
Así, en Galicia un grupo de expertos da Consellería de Sanidade encárgase de adaptar os plans de continxencia para o coronavirus e actualizar, de acordo coas recomendacións aprobadas para todas as comunidades, os protocolos de manexo de casos en Atención Primaria e hospitais, para a súa distribución e difusión "o máis rápido posible a urxencias dos hospitais, servizo de Preventiva e Microbiología".

Así mesmo, convocáronse grupos de traballo coas direccións asistenciais, cos profesionais de Urxencias, de UCI e de Microbiología.

Sobre os protocolos de coronavirus, Sanidade incidiu en que en Galicia "están activos todos os protocolos", que detallan "todos os pasos para facer a vixilancia e control", adaptados á estrutura asistencial do Sergas.

"Tanto o Sistema de Alerta Epidemiolóxica de Galicia como o sistema asistencial teñen xa definidos protocolos de actuación claros e teñen capacidade demostrada para a súa manexo", subliña Sanidade.

A Xunta, ademais, puxo en marcha unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do COVID-19 e doutras enfermidades emerxentes, co obxectivo de "facilitar a coordinación e impulso das actuacións que se consideren precisas, máis aló do ámbito estritamente sanitario, de maneira que se minimice o impacto social e mesmo económico que poida causar a expansión destas novas enfermidades emerxentes".

A Comisión estará adscrita á Consellería de Sanidade e trátase dun órgano de coordinación técnica e colaboración que se crea para a coordinación, seguimento e avaliación das actuacións decididas tanto preventivas como paliativas en relación á situación epidemiolóxica concreta en Galicia e o Estado.

Tamén realizará a proposta de sistemas de vixilancia para coñecer con máis detalle a situación, evolución e impacto que está a ter, tanto a nivel de saúde como noutros ámbitos; e terá competencia na aprobación dos niveis de decisión e de responsabilidade das actuacións, así como de plans e protocolos de preparación e resposta que inclúan os aspectos sanitarios e non sanitarios e coordinará a información á poboación.

CONSELLOS 

Sanidade aconsella a aquelas persoas que estivesen en áreas de contaxio como C

hina, Xapón, Corea do Sur, Irán ou norte de Italia, e presenten sintomatoloxía leve --febre, tose, sensación de falta de aire...-- consultar co teléfono 061.

Ademais, de acordo coas recomendacións consensuadas, ao chegar dunha viaxe aérea a unha zona de risco, recoméndase facer vida normal e, no caso de observar síntomas durante os 14 días seguintes, contactar co 061.


Saúde Pública recomenda adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus, común a calquera infección respiratoria, como a gripe.



Así, insiste na importancia de "extremar" a hixiene de mans, lavándoas con frecuencia; cubrirse o nariz ou boca cun pano desechable ao toser ou esbirrar, ou coa cara interna do cóbado. "Ademais debe evitarse tocas os ollos, o nariz e a boca coas mans", engade.



Peóns con máscaras por coronavirus no metro de Madrid




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE