Os "ecoperegrinos" plantan máis de 600 árbores autóctonas de Galicia
E é que, sen dúbida, reciclar é o Camiño e veu para quedar.” argumentou hoxe Anxo Hervella, responsable da xestión autonómica e local de Ecoembes.Os labores de plantación comezaron esta mañá nun acto en Caldas, ao que acudiron, entre outros, María Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta e Anxo Hervella.
Carballos, cerdeiras e nogueiras. Estas son as especies que xa foron plantadas nunha hectárea en Caldas de Reis, dentro a iniciativa Camiño da Reciclaxe de Ecoembes.
A Xunta e Ecoembes levan tempo facilitando a peregrinos e albergues ferramentas para reciclar e evitar así a "basuraleza". De feito, xa hai máis de 220 albergues colaboradores nesta iniciativa.
En 2020, Ecoembes vai un paso máis adiante coa repoboación do monte plantando árbores autóctonas. "Esta plantación é un símbolo do compromiso ambiental que cada vez está máis expandido entre todos peregrinos que fan o Camiño de Santiago. E é que, sen dúbida, reciclar é o Camiño e veu para quedar.” argumentou hoxe Ángel Hervella, responsable da xestión autonómica e local de Ecoembes.
Os labores de plantación comezaron esta mañá nun acto en Caldas, ao que acudiron, entre outros, María Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta e Ángel Hervella.
Escribe o teu comentario