A irrupción de manifestantes de Alcoa San Cibrao marca o pleno da Deputación de Lugo

A protesta de Alcoa na cidade de Lugo condicionou o desenvolvemento do pleno da Deputación provincial. Decenas de traballadores irromperon no edificio, onde foron recibidos polo propio presidente da institución, José Tomei.

|

A protesta de Alcoa na cidade de Lugo condicionou o desenvolvemento do pleno da Deputación provincial. Decenas de traballadores irromperon no edificio, onde foron recibidos polo propio presidente da institución, José Tomei.


Depu lugo

Pleno da deputación lucense |Foto: @PSOELugo


O pleno iniciouse cunha media hora de atraso. Ao comezo da sesión, a portavoz do PP,

Elena Candia, quixo que se modificase a orde do día para tratar unha moción para a supervivencia de Alcoa, ao que se negou o presidente, José Tomei.

O momento de máis tensión produciuse cando irromperon decenas de manifestantes á sala de invitados. A pesar diso, tras a intervención dos traballadores de seguridade, os traballadores abandonaron a sede provincial sen incidentes.

Entre os puntos aprobados atópase a proposta de modificación das directrices sobre a consulta previa no procedemento de elaboración das Ordenanzas e Regulamentos Provinciais.



Tamén recibiu respaldo unánime o convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello de Becerreá para a execución dos fins comúns consistentes na demolición da edificación do antigo fogar escola e construción e xestión dun centro de día e residencial comarcal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE