​(VÍDEO) Así se prepara un campión de tenis de mesa adaptado, que busca financiamento para ir a Tokio 2020

|

O deportista galego Alberto Seoane, dúas veces campión do mundo e dobre diploma nas Paralimpiadas de Río 2016, prepara o seu asalto á cita olímpica, adestrando sen descanso mentres traballa lograr o financiamento necesario para chegar a cítaa nipoa.


Seoane tenis mesa

Seoane traballa para chegar a Tokio 2020


Quedan cinco meses para que o facho olímpico ilumine o deporte mundial desde Tokio. Galicia, "terra de campións", como dixo recentemente para Galiciapress o noso campión europeo de balonmán Rodrigo Currais, será unha das comunidades que máis acheguen á delegación española, tanto nas Olimpíadas como na Paralimpiadas, que arrincarán apenas un mes despois e onde contamos cunha xeración de deportistas que aspiran a seguir cultivando medallas nun sinfin de disciplinas.


É o caso de coruñés Alberto Seoane, bicampión do mundo en tenis de mesa adaptado. Mentres apuraba onte as súas últimas horas no Club do Mar da Coruña, o galego compartiu en redes sociais parte da súa rutina de adestramento, onde queda patente a dedicación dun dos deportistas galegos con máis opcións de volver da capital xaponesa cunha presea do seu pescozo.




CROWDFUNDING

Con todo, o camiño a Tokio para Alberto Seone é, se cabe, aínda máis complicado. Ás esixencias propias dun deportista, o campión do mundo e diploma paralímpico ten que facer fronte a uns gastos económicos prohibitivos. O seu palmarés non basta para certificar o seu desembarco en Tokio, polo que iniciou unha campaña de crowdfunding para poder cumprir o obxectivo de repetir nuns Xogos e mellorar o seu rexistro de Río.


"A pesar do seu espectacular palmarés, a brecha entre as contías económicas e os requisitos entre persoas con discapacidade e persoas que non o son dificulta a súa presenza en certas competicións", lamenta Alberto Seone, que necesita recadar 4.000 euros "para poder competir no máximo número de competicións e nas mellores circunstancias (médicas, técnicas e de material) co obxectivo de poder alcanzar esa clasificación".



Para a campaña utiliza a plataforma Esporti, que busca dar apoio económico a deportistas españois que, como Alberto, pelexan na pista por lograr os seus soños pero aos que as axudas non lles permiten dar o salto a grandes competicións.

Alberto Seoane






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress