Os socios do Centro Galego de Barcelona visitan o Museo da Ciencia Cosmocaixa
Os socios do Centro Galego de Barcelona visitaron o Museu da Ciència Cosmocaixa o pasado 19 de febreiro.
Os socios do Centro Galego de Barcelona visitaron o Museu da Ciéncia Cosmocaixa o pasado 19 de febreiro. Da man do Alfonso Villar, os socios puideron gozar das diferentes salas e exposicións do Museo, que achega a ciencia de forma interactiva aos visitantes.
Dependente da Obra Social A Caixa, o Museu ofrece diversos espazos, entre os que se atopa a sala Univers: un percorrido que parte desde o mesmo orixe do Universo ata as últimas fronteiras do coñecemento do Espazo.
Unha experiencia única que os socios do Centro Galego barcelonés gozou, así como o Lab Math, centrado nas matemáticas e a súa aplicación no día a día, o Palnetari ou o Bosc Inundat, que reproduce unha parte da selva amazónica.
Escribe o teu comentario