Jácome naceu "para ser alcalde imbécil" di o seu partido, Democracia Ourensá


Democracia Ourensá meteuse onte nun berenjenal ao tratar de sacar peito por unha resolución xudicial e ao mesmo tempo non molestar ao condenado, a Deputación do seu actual socio José Manuel Baltar (PP).


|

Democracia Ourensá meteuse onte nun barulloao tratar de sacar peito por unha resolución xudicial e ao mesmo tempo non molestar ao condenado, a Deputación do seu actual socio José Manuel Baltar (PP).


TSXG ratificou a sentenza que declara nula a compra do arquivo do xornal A Rexión de Ourense. Baltar gastouse en comprar o arquivo do xornal local 2,7 millóns de euros públicos.


Ju00e1come e Baltar no Concello de Ourense a pasada semana

Jácome e Baltar a pasada semana


O máis curioso do asunto é que foi Democracia Ourensa quen inicialmente denunciou a operación nos xulgado hai varios anos, cando aparentaba ser o archienemigo do baltarismo. Hoxe é Democracia Ourensá quen mantén a Baltar na cadeira da Deputación, a cambio de que o PP entregara a Jácome o bastón de mando municipal.


Tras a noticia, os localistas déronse a si mesmos o parabéns en Twitter porque "La Región deberá devolver 2.700.000 euros pola fraudulenta venda do arquivo histórico á Deputación".  "Para cousas como as de hoxe, naceu Democracia Ourensá", remachou orgulloso Jácome na súa conta persoal.


Cando un internauta lle respondeu a Jácome expoñendo a contradición de alegrarse por unha sentenza que deixa en evidencia ao seu socio Baltar, nin curto nin preguiceiro Democracia Ourensá replicó cun sorprendente "para ser alcalde imbécil".


Pódese intuír que á frase fáltalle unha coma, e que Democracia Ourensá non estáa chamar imbécil a Jácome, senón simplemente insultando a o internauta que cuestionou se o partido "tamén naceu para pactar co PP?".


A cousa non quedo así e a conta de Democracia Ourensá seguiu defendiendose deixando outras perlas, como criticar ao PSOE por non apoiar no seu día denuncia; no canto de criticar ao PP por adxudicar 2,7 millóns ao líder de opinión na provincia de maneira irregular. 










Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE